Mar, 04 Nov 2014, 1:00
Asunto: Re: Os Correcamiños
Moitas grazas polos ánimos compañeiros!
A verdade... gustaríame facer unha crónica (ganas non me faltan) pero entre o cansancio acumulado, a falta de horas de sono e todo o que teño que facer esta semana... creo que estes días non vai ser.
A verdade todo pintaba ben. Moi bo tempo pese a haber algo de vento, 8 horiñas de sono levantándome 3h antes para almorzar ben e cedo, boas sensacións, a compañía de miña nai na previa e a de dous compañeiros do foro en carreira. Xa en materia... ritmo de 4:25-2:28 por km en busca dun sub3h10', o falado. Ata que no km 13, no paso por unha rotonda tras subirme durante uns metros ó bordillo (moi ancho él) para correr uns segundos máis cómodo, tropecei cunha especie de aro de ferro duns cms de altura e caín. Moita dor nos dedos do pé esquerdo, pero parecía que quedaba niso, non había apenas rasguños, caera na herba da rotonda.
fbcdn-sphotos-d-a.akam...bca53c5fb6 km13
Pero ao km xa comecei a ver sangre na suela da zapatilla, e a dor non remitía. Pensei que sería unha uña, non podía parar; tiña que rematar e disfrutar por segunda vez dese último km, deses derradeiros 195 metros e non deixar de aplaudir mentres entro en meta. A dor foi a máis, ao mesmo tempo que a zapatilla se teñía de vermello. Aguantei a ese ritmo a 4'28" ata o km 26. Non soportaba a dor e decidín baixar o ritmoe abandonar aos dous compañeiros de viaxe, tiña que rematar a maratón. Ata o km 30 fun a 4'45" aprox, e ata ahí. Dende ese momento olvideime do reloxo, só quería rematar e disfrutar. Sufrín moito neses 12 últimos kms, pero disfrutei coma sempre, animando aos que adiantaba e agradecendo aos que me animaban.
scontent-a-mad.xx.fbcd...e=54EA3572 km31 (véase a punta da zapatilla)
Non foi un último km coma o da Coruña, saboreando o momento, pero si o valorei máis que nunca, recordei o traballo realizado e o esforzo que me levou recorrer eses últimos 29kms, pero sen perder nunca a sonrisa.
3h31'24" neto e os traseiros de centos de persoas na retina, pero nos veremos o ano que vén
Logo asistencia na Cruz Roja e sorpresa! Non era a uña, levantáraseme toda a pel da xema do dedo gordo e parte do dedo do lado, ademais dalgunha uña rota.
Agora, en frio, máis ganas que nunca de volver, máis ganas que nunca de estar o 19 de abril na Coruña, e máis ganas que nunca de regresar a Porto e quitarme esa espina clavada.
Ao final si que fixen crónica jejej xa que estou... vouna copiar no fío da carreira (é a miña primeira crónica, breve e pouco poética, pero é crónica
![Bailar Bailar](images/smiles/eusa_dance.gif)
).
A partir de onte toma o testigo o descanso, ata xaneiro non creo que corra, teño que curar ben o pé e poder preparar a conciencia Coruña.
Por certo...
Agradecer a tucanyes e cifuentes que me esperaran na caída e os seus ánimos durante e despois da carreira. Un pracer a súa compañía!