Mar, 04 Nov 2014, 23:46
Asunto: Re: XXXVIII Carreira Popular San Martiño-Ourense (16/11/14)
Carreira de carreiras, deixádevos de parvadas e paso a contarvos a primerira vez que a fixen:
Corría o ano 2010, eu estaba a traballar por primeira vez na miña profesión- fisio-, naqueles tempos case non corría máis de 5 ou 6 km e forzando, ademais de facer pesas a cañón
O día da carreira, a miña primeira, quentei como é debido e fixeime nos demais corredores, recordo ben como o ritmo deles me parecía de risa, así que animeime e metínme entre os primeiros da saída
.
Tocou a saída e cando vexo como corre o personal case me da un parrús. Non me parou de pasar xente ata o km 5
. Eses primeiros 5000m foron a ostia, pensaba qué excusa inventar para botarme fóra.
O caso é que aguantei como un campión, botándolle o pique a un pai con carriño na zona da universidade e incluso adiantando na Habana a algúns cochineiros
. Cheguei de 1900 con 50,12 tempo oficial.
Recordo moito a frustación de verme tan superado, pero ímponse a boa sensación de rematar a carreira e poder gozar dunha realización que só os que corremos somos quen de coñecer. Tamén recordo a cantidade de stans na meta, o bo recibimiento da xente e o calor humano que estas probas emanan.
Esta é a miña historia da San Martiño, a primeira carreira e a única ata este ano, no que retomei esa fabulosa sensación. Aínda visto con orgullo aquela camisola laranxa.
P.D: Este ano intentarei meterme nos 47min