Mar, 04 Nov 2014, 18:53
Asunto: Re: 11ª Maratón de Porto
Grazas,
lihto. A verdade é que estou satisfeito da miña marca (tempo neto 3:26:13, mellorando en 2 min e medio a miña MMP) tendo en conta que levaba un mes con problemas de abductores, que me obrigaron a retirarme no 1º km de Coruña10 e no km 17 da M.M. de Pontevedra, só dúas semanas antes de Porto.
Afortunadamente, como a moita xente, non me colleu a chuvia. A chuvia cun firme de adoquíns ía ser espectacular (maratón de patinaxe).
Unha cousa que me chamou a atención foi a colocación dos globos, adiante. Tardei 10 km en coller o globo de 3:30. Non sería máis normal que se puxesen no caixón correspondente?
Saúdos a
jotaeme e colegas, aínda que me decepcionou, xa llo dixen alí, que despois da maratona foran ao hotel en bus, en vez de ir trotando (seguro que jotaeme o fixo polos outros, que por el non so ía trotando ata o hotel, senón ata Behovia)