Sáb, 25 Out 2014, 14:08
Asunto: I Carreira da Magosteira (Trives)_08-11-2014
Este ano o magosto ven cargado de distintas actividades e concursos: Deporte, Fotografía, Cociña, .... e por suposto, un ano máis, moita festa con castañas asadas, chourizos, empanada, bica e acompañado de boa música!!!
O día 8 de Novembro, dentro das actividades propostas para o festexo do Magosto, o Concello de A Pobra de Trives organiza a "I CARREIRA DA MAGOSTEIRA".
A saída será na Finca da Barreira ás 16:00h. e o percorrido depende das idades, sendo para os máis cativos un circuito pechado con diferente distancia segundo a categoría; e para os adultos será unha distancia de 3,5 km apróximadamente.
As categorías para competir van en función dos anos de nacemento e relacionadas do seguinte xeito:
- 2011 / 2010
- 2009 / 2008
- 2007 / 2006
- 2005 / 2004
- 2003 / 2002
- 2001 / 2000
- 1999 / 1998
- 1997 / 1996
- 1995 / 1994
- Nados antes do 1994
Inscricións e máis información na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)
A data límite de Inscrición é o 4 de Novembro.
Anímate a participar!!!!!