Foros ›
XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Nov 2014, 22:45
Asunto: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)



XIII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS

CAMPIONATO PROVINCIAL 10 KM


21 de decembro de 2014


SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA

INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE 5 KM E 10 KM
Presenciais: Coolsport (R./ Ramón Cabanillas, nº 2) ata o martes día 16 de decembro
Pola web en www.championchipnorte.com ata o mércores día 17 de decembro
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade, provincia, teléfono de contacto, nome do clube (se o ten), se é federado ou non e tamén se está empadroado no Concello de San Cibrao de Viñas por unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou do Polígono de Barreiros pola outra.

NOTA IMPORTANTE
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluíndo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 5€. O pago poderase facer a través da web de championchipnorte ou en man en Deportes Coolsport.

AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS
FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP

INFORMACIÓN
tlf. 647913079
www.championchipnorte.com
www.sancibrao.es

HORARIO
11:30 horas: saída da carreira adultos e nenos
12:30 horas: saída carreira pitufos
Ágape e chocolatada para os participantes
13:00 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos

REGULAMENTO XERAL

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

2. A recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día 21 de decembro a partir das 8:30 horas

3. O percorrido será de 300 m para a categoría Pitufos, de 5 km para as categorías A – B- C- D e de 10 km para as restantes categorías. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os nenos/as pararán na primera volta (5 km) e os restantes corredores completarán dúas voltas (10 km). O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e só se percibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal ou o chip, será desclasificado. Tamén deberán devolver o chip o finalizar a proba para optar aos obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.

10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a proba.
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas

11. Establécense as seguintes categorías:


A) Alevín: 2004 e 2005
B/ Infantil: 2002 e 2003
C) Cadete: 2000 e 2001
D) Xuvenil: 1998 e 1999

Distancia a percorrer: 5 km (1 volta)
Saída ás 11:30 horas


E) Junior-promesa: 1993 a 1997
F) Senior: 1992 ata veteranos
G) Veterán A: de 35 a 44 anos
H) Veterán B: de 45 a 54 anos
I) Veterán C: de 55 anos en adiante

Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
Saída ás 11:30 horas

Pitufos: 2006 e posteriores
Distancia: 300 m.
Saída ás 12:30 horas


12. De seren extranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licencia federativa pola FGA, ou ben aqueles que sin a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade as incluídas no artigo 3.4. da normativa RFEA para probas de ruta en Competicións Autonómicas, circular RFEA 24/2014 publicada o martes 28 de xaneiro de 2.014. (consultar en www.rfea.es/sirfea/fic...203827.pdf )

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

15. A Organización obsequiará cun ágape e chocolatada a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá garda-roupa.


REGULAMENTO CAMPIONATO PROVINCIAL FEDERADO DE 10KM

O Campionato provincial de 10 km terá lugar o día 21 de decembro de 2014 na localidade Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes:
GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920

PARTICIPACIÓN: poderán participar todos os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2014 – 2015. Todo aquel atleta que se inscriba e non tramitara a súa licenza federativa pola Delegación de Ourense da FGA terá que presentar na Secretaría da Competición un documento que acredite que ten licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso. Os atletas que incumpran o presente apartado non poderán participar.
INSCRICIÓNS: os clubes e atletas federados deberán inscribirse na Extranet da RFEA. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do mércores día 17 de decembro.

CLASIFICACIÓNS: se establecerán clasificacións individuais en todas as categorías e por equipos na categoría absoluta:
Individuais (*): nas categorías SENIOR (nados/as en 1992 e anteriores ata o ano en que cumpran 35 anos), PROMESA (nados/as en 1993-1994-1995), XUNIOR (nados/as 1996/1997) e VETERANOS/AS (nas seguintes categorías: A de 35 a 44 anos, B de 45 a 54 anos e C de 55 anos en adiante) Homes e Mulleres.

(*) Para o Cto. Provincial Individual contarán unicamente aqueles atletas que cumpran 3 das seguintes condicións:
• Ser cidadán español (acreditado mediante o carnet de identidade).
• Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carnet de identidade ou partida de nacemento)
• Con domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de empadronamento).
• Estar en posesión de licenza federativa por un clube da provincia de Ourense para a tempada 2014 – 2015.

Por equipos (**): na categoría ABSOLUTA masculina e feminina, trofeo aos 3 primeiros clubes da provincia de Ourense. O número de atletas dun equipo é libre, contando para a clasificación os 6 primeiros que cheguen a meta e contabilizando os postos dos 4 primeiros atletas de cada clube. Realizando a clasificación da seguinte forma:
• Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos, con exclusión dos que non clasificaran a lo menos a 4 atletas.
• Esta lista soamente estará formada polos atletas dos clubes que enviaran a inscrición no prazo previsto.
• A cada atleta se lle atribuirá un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta nova lista de chegada.
• Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados en cada equipo.
• Será proclamado vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos,
• Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuio cuarto atleta rematara máis próximo ao vencedor da proba.

(**) Para a clasificación por equipos puntuarán todos aqueles atletas fichados por clubes da provincia de Ourense.

PREMIOS: concederanse premios aos tres primeiros/as clasificados absolutos e premio aos tres primeiros/as clasificados en cada categoría (xunior, promesa, senior e veteranos A , B e C) e premio aos tres primeiros clubes da provincia de Ourense en categoría absoluta, tendo para elo a obligatoriedade de asistir a cerimonia de entrega de premiacións.

HORARIO E DISTANCIAS A PERCORRER: o horario e as distancias a percorrer son os indicados nas normas de organización e competición da Carreira Pedestre do Nadal.

Os participantes no Campionato Provincial que desexen optar os premios da XIII CARREIRA PEDESTRE DO NADAL deberán aboar a inscrición prevista pola organización


VENCEDORES PASADAS EDICIÓNS

1ª edición, ano 2002: José Benito López Pastoriza e Ana Toral
2ª Edición, ano 2003: José Antonio Ramallo e Ana Toral
3ª edición, ano 2004: Víctor Riobó e Ingrid Rodríguez
4ª edición, ano 2005: Eduardo Álvarez Morais e Iria Fernández Fontenla
5ª edición, ano 2006: José Antonio Ramallo e Iria Fernández Fontenla
6ª edición, ano 2007: David Rodríguez García e Iria Fernández Fontenla
7ª edición, ano 2008: José Antonio Ramallo Reboredo e Consi Gómez
8ª edición, ano 2009: José Manuel Fernández Márquez e Iria Fernández Fontenla
9ª edición, ano 2010: Daniel Bargiela e Isabel Sáez Batallán
10ª edición, ano 2011: Alejandro Fernández e Deirdre Mc Dermot
11ª edición, ano 2012: Rubén Diz e Leticia Fernández Barbosa
12ª edición, ano 2013: Iván Docampo e Leticia Fernández Barbosa

PERCORRIDO E PERFIL




Última edición por San_Cibrao o Sáb, 29 Nov 2014, 9:34; editado 9 veces
rubenas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
29/07/09
0 Carreiras
422 Mensaxes
Polígono de San Cibrao das Viñas
Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2014, 7:03
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Tengo dos problemas para correr, uno la pierna izquierda y el otro la pierna derecha.
Mi Web
AanDreS

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/09/11
5 Carreiras
353 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2014, 7:35
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Esperemos que haxa sorte e podamos ter ese circuito rápido de 10km por fin na provincia é senon disfrutaremos do circuito tradicional en boa compañía.
bulebule

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/11
298 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Nov 2014, 13:20
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Co encanto que tiña a subida, alí estaremos.
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Nov 2014, 17:06
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Actualizado co regulamento provisional
Este ano a Carreira Pedestre do nadal do Concello de San Cibrao das Viñas será tamén Campionato Provincial de 10 km en ruta, polo que contaremos cun circuíto homologado de 10 km.
kunko

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/10/12
0 Carreiras
757 Mensaxes
A Rúa de Valdeorras
Respostar citando Envío Mar, 11 Nov 2014, 19:16
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Hola:

Estaria interesado en participar, pero acabo de ler o regulamento e pon que atletas que estean nun club de ourense, eu son ourensan e teño licenza independente valeria tamen non??

Un Saudo e Grazas!!!
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Nov 2014, 21:50
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

Para o Cto. Provincial Individual contarán unicamente aqueles atletas que cumpran 3 das seguintes condicións:[i][u]
• Ser cidadán español (acreditado mediante o carnet de identidade).
• Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carnet de identidade ou partida de nacemento)
• Con domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de empadronamento).
• Estar en posesión de licenza federativa por un clube da provincia de Ourense para a tempada 2014 – 2015.

Se cumpres 3 desas 4 condicións si podes participar no Campionato Provincial
mondideu

Novo foreiro
Novo foreiro
26/12/13
3 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Nov 2014, 15:33
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

Buenas tardes, hay alguna manera de consultar el recorrido??
kunko

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/10/12
0 Carreiras
757 Mensaxes
A Rúa de Valdeorras
Respostar citando Envío Xov, 13 Nov 2014, 18:34
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Muchisimas Gracias por la respuesta San_Cibrao!!!

Asi es cumple 3 de 4!!!

Un Saludo!
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Nov 2014, 14:11
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

mondideu escribió:
Buenas tardes, hay alguna manera de consultar el recorrido??
todavía non viñeron homologar o circuíto

XA ESTÁN ABERTAS AS INSCRICIÓNS!!!
Govi

Maratoniano
Maratoniano
13/01/09
0 Carreiras
903 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 16 Nov 2014, 22:05
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Habrá duchas??
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Nov 2014, 19:01
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

Govi escribió:
Habrá duchas??

Si, haberá duchas
jujolin

Maratoniano
Maratoniano
15/01/09
0 Carreiras
86 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Nov 2014, 14:20
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

Cal vai ser o circuito??
Por donde se vai pasar?
Tes o recorrido en google maps??
San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Nov 2014, 16:47
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014

aquí tes o circuíto e o perfil da proba
ata que non esté homologado é oficioso


San_Cibrao

Organización
Organización
5/12/07
0 Carreiras
120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Nov 2014, 16:52
Asunto: Re: XIII Carreira do Nadal San Cibrao das Viñas (21-12-2014)

RECORDATORIO: para participar no Campionato Provincial hai que formalizar a inscrición a través da extranet da RFEA





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos