Rufino escribió: |
Pero non era ata as 00:00. Non se quedara en que éste era o prazo correcto? E eu que acababa de convencer a unha persoa pa ir...... Bueno, outra vez será. |
mario.R escribió: |
Si o limite eran 150 e xa se completou non hai nada q obxetar...as veces cando algo interesa hai q estar atento e leerse o regulamento. |
osdomontebravo escribió: |
Colgamos o enlace o track da carreira, estamos super entusiasmados e esperamos que vos guste como nos gustou a nos preparar todo para que a disfrutedes. www.wikiloc.com/wikilo...id=8019905 |
mario.R escribió: |
Bueno,despois de facer o circuito nunhas condicions climatoloxicas similares ás do domingo deixovos a miña humilde descripción.(fíxeno sin Gps así que os km son orientativos). Saese da Carballeira de Francos por una pista asfaltada paralela a vía que a uns 400m empeza a picar cara arriba e o asfalto convertese en pista de parcelaria,o rematar esta ascensión duns 300 m aprox faise un pequeño circuito arredor dunha pista de baloncesto q non ten mais dificultade que a auga que se poida acumular para comenzar unha forte pero curta ascensión que dará paso a unha forte baixada duns 100m. Continuamos mezclando pistas de parcelaria con algo de asfalto para voltar a pasar pola carballeira de Francos(lugar de saída e meta) OLLO!! os que vaiades a entrenar xq no medio das casas hai cans soltos con bastante mala hostia! Desde ahí hasta o km 5 a carreira discurre por pistas de parcelaria moi llanas que en torno a este km 5 (identificaremolo porque de frente veremos unha presa do Pazo do Faramello)darán paso a unha ascensión por sendeiros de monte con alguna pedra suelta. En torno o km 6 EMPEZA A POÑERSE SERIA A COUSA,cunha subida de monte na que as "máquinas"menos preparadas pode que teñan que botarse a andar un pouquiño. Despois de esta zona concreta ven unha zona entre carballos con alguna baixada que nos permitirá recuperar un pouquiño. Os últimos 2 km discurren por algún sendeiro de monte q nalgunha zona se estreita e hoxe estaba algo encharcada. Xa cara o final pista de parcelaria e nos últimos 400m aprox un regaliño en forma de pendente para acceder a Carballeira de Francos novamente q si ben noutro momento da carreira non sería destacable aquí co cansanzo acumulado podenos resultar desagradable. De ahí a meta unha baixadiña pola herba e chegada o lado da capilla. Eu fixeno con zapatillas de Running e non tiven problema(Nike pegasus). |
Rufino escribió: | ||
Un saudo. |