Xov, 13 Nov 2014, 21:05
Asunto: Re: XV Carreira Popular de Pontecesures 27/12/2014
CONCELLO DE PONTECESURES CONCELLERÍA DE DEPORTES
Sábado 27 de decembro de 2014
XV CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 16:30 horas
O Concello de Pontecesures organiza a XV edición da súa carreira popular na localidade de Pontecesures o sábado 27 de decembro a partir das 16:30 horas e de acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).
2. Categorías dos participantes e horario das probas:
CATEGORIAS E HORARIOS
CATEGORIA ANOS NAC DISTANCIA HORA
PITUFOS/AS 2010 e posteriores 200 m 18:15 h
PREBENXAMIN 2008/2009 500 m 16:30 h
BENXAMIN 2006/2007 850 m 16:45 h
ALEVIN 2004/2005 850 m 16:50 h
INFANTIL-CADETE 2002/2003 - 2000/2001 1.700 m 17:00 h
XUVENIL/JUNIOR De 1996 a 1999 4 Kms aprox 17:20 h
PROMESA/SENIOR De 1981 a 1995 4 Kms aprox 17:20 h
VETERANOS/AS A De 1970 a 1980 4 Kms aprox 17:20 h
VETERANOS/AS B 1969 e anteriores 4 Kms aprox 17:20 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:00 HORAS
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE
A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES
3. INSCRICIONS
)
A inscrición da proba absoluta (de xuvenil/junior a veteranos) poderá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com e
www.fgatletismo.es/santiago con data límite o mércores 24 de decembro ás 22 horas*. A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e
www.fgatletismo.es/santiago (data límite: mércores 24 de decembro ás 22
horas).
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas Webs).
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veterán): 5 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e
www.fgatletismo.es/santiago.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
FGAsantiago @ gmail.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 / 986 557 125 (Concello de Pontecesures)
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
4. PREMIOS E AGASALLOS
Camiseta para os atletas chegados a meta na proba absoluta.
Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías
escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON acumulativos).
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no Regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a todos os participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
5. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures, a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo, preferentemente na zona do peito, respectándose a publicidade existente neles. Na proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal.
6. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.
7. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.
8. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.