Dom, 16 Nov 2014, 20:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)
Gracias pola presiòn , Papa Léguas , será por iso que rebaixei en só 9 segundos o meu tempo neto do ano pasado, e para iso correndo a metade do tempo en modo " navratilova" . Vale, se imos ós tempos oficiais fixen 27'' menos, visto deste xeito xa luce máis.
E grazas polos ánimos Corrín, xa ves que tamén deron o seu efecto.
En calquera caso tampouco me vou quitar méritos, cos datos na man, cumplín o meu obxectivo de baixar dos 53 minutos, non cheguei a facer os 51:27 do mes de setembro en Catoira, pero estes 51:32 están moi ben. Posto número 12 de 38 veteranas D, posto 194 de aproximadamente 878 mulleres chegadas a meta ( 22 posicións mais arriba), e un moi digno posto de 2540 na xeral ( 300 postos mais arriba ca o ano pasado)
Onte procuren coidarme, non tomar cafés para que non me pasase o de Carnota, pero igualmente durmin pouco .
Hoxe despois de chegar á fotokedada no tempo de desconto, tuven un segundos para saudar en persoa a Papa Léguas e Dr Slump acompañado de Montse. Como seguidora que son dos seus diarios teríame gustado ben pedirlles que me asinaran un autógrafo ou facer algunha desas cousas que se fai coa xente famosa, sacar unha foto ou así, pero terá que quedar para outra ocasión.
Casualidades da vida, no medio dos milleiros de persoas que eramos, atopei por alí a Beauvais ( espero que cumprise o seu obxectivo de facer mmp )
Xa tomando a saída, procurei seguir os consellos deste meu colega de Sparkland ( hoxe non pudo correr por mor de asuntos familiares pero onte estiveramos de charla ) " tí ponte preto do globo de 50 na saida e logo vas afrouxando cando xa suban de ritmo"... E así o fixen, o caso é que moito non debín afrouxar, pois seguía tendo mais ou menos á vista o globo ata o km 5. E estando nestas vexo que ven por detrás Dr Slump saudando, fresco coa unha rosa, e dicíndo que estábamos marchando por debaixo de 5 mín/ km. Increíble, eu nunca fago esas cousas! Contésteille eu, e xa me pasou diante ben lixeiro, e a partir de aí debeu ser que me crin as miñas palabras, e que ademáis quedei sen botella de auga por non recuar ou frear. O caso é que afloxei un pouco o ritmo... Pero non de todo.pasei Vicente Risco con dignidade, procurei que o segundo paso pola Ponte Romana non me pillase de sorpresa, e esprintei o que puden para facer menos de 52 minutos por baixo do arco, aínda que fosen só 2 segundos.
Contenta de ter competido conmigo mesma e que a cousa se manteña neste honroso empate con algunha melloría.
Última edición por Meigalicix o Dom, 16 Nov 2014, 23:07; editado 1 vez