Lun, 24 Nov 2014, 8:20
Asunto: Re: IV Legua Marítima Solidaria RSD Hípica–Malawi (23/11/14)
Juliancito escribió: |
Sí que había duchas y te podías duchar pero ahy que preguntar, y en muchas carreras no ahy fruta..y si vas es para pasarlo bien y creo que allí dan demás con al final camiseta aquarius y cálido que más quereis |
Home, pois que queres que che diga. Eu o sábado cando fun recoller o dorsal, pregunteille as 2 persoas que alí estaban se se podía facer uso das instalacións da Hípica para asearse logo da carreira e dixéronme que non. Un NON rotundo.
A mín o tema da camiseta, a froita e a bebido importame tres pares de pelotas pero o tema das duchas penso que algo máis podían facer e máis tendo unhas instalacións para tal fín dentro do complexo da Hípica. Se o domingo cambiaron de opinión e deixaron acceder a quen " lle preguntou ", pois alégrome pero a mín ca resposta que me deron o sábado xa me joderon vivo. Máis que nada porque eu onte traballei de tarde.
E se a carreira comeza ás 11:30 ( bastante tarde ao meu parecer ) acabo, secome "daquela maneira" para entrar no coche, vou a casa ducharme e logo arrinco para o traballo, pois chego tarde xa. Se tivera a oportunidade de utilizar as duchas da Hípica, pois aforraríamxa bastante tempo e sí me daría tempo tanto como a ir a carreira como para chegar ben de tempo ao choio.
Seguramente toda a literartura que acabo de poñer vos importe unha merda pero ahí queda. Penso que é bastante máis importante andar preocupado pola hixiene de cada un que por unha simple camiseta, peza de froita ou bebída logo da carreira. Saúdos e moitos kilómetros.