Sáb, 22 Nov 2014, 18:24
Asunto: Re: Maratón de Sevilla (22 febrero 2015)
Como anunciou días atrás o noso compañeiro Jilly.
Dende a Asociación Deportiva CAR, queremos presentar a nosa proposta en relación coa Maratón
Zurich New Balance, que se levará a cabo en Sevilla o 22 de Febreiro de 2014. Para elo, temos
organizada unha saída de 3 días cun deterninado número de prazas reservado, e vos animamos a que
disfrutedes con nós desa pequena viaxe. O plan está pensado para aqueles que vaian correr a
Maratón e así mesmo todos os acompañantes que desexen vir.
As características da viaxe son as seguintes:
Viaxe en autobús de 60 prazas.
Saída dende Redondela o venres 20 de Febreiro ás 11 da mañá (salvo modificación de última hora)
Parada polo camiño para comer aproximadamente ás 4 horas dende a saída (escollerase un
restaurante ou área de servicio en ruta., dita comida vai por conta de cada quen, podendo tamén
levar comida da casa). Chegada a Sevilla hacia a noitiña.
Aloxamento en Hotel América Derby, en réxime de pensión completa, céntrico hotel de 3 estrelas
situado na praza do Duque. Inclúe: 2 noites en habitación dobre (habendo algunhas triples
reservadas, para o cal débese facer especificación no momento de anotarse, igualmente para camas
supletorias), cea do día 20, almorzo, comida e cea do sábado 21, almorzo e comida do domingo 22.
Prezo: Por adulto 209 euros, nenos de 3 a 11 anos 139 euros, nenos ata 2 anos gratis.
A viaxe ofertada non inclúe a tramitación ou pago da inscripción na proba deportiva.
Inscripción e pago.
Se adxudicarán as prazas por rigurosa orde de incripción ata completar o número reservado (iremos
informando).
Para os interesados, o pago da mesma poderase facer en dúas veces ou nun pago único, no momento
en que se queira, dende a confirmación ata un mes antes da saída.
Inscripción e pago realizaranse directamente a través da axencia Viaxes Talión, sita na rúa Cabo dos
Fumeiros 12, Redondela (Picota). Teléfonos: 986931753 / 664789501. Correo electrónico:
talion@viajestalión.com
Así mesmo, agradecemos que tamén o comuniquedes directamente no correo electrónico do clube
car.redondela @ gmail.com
O modo de pago será a través de transferencia ou ingreso nalgunha das contas da axencia:
La Caixa: ES30 2100 2989 1102 0012 4978
ABANCA: ES52 2080 5209 4830 4001 1989
Esperando que a nosa proposta sexa do voso agrado, recibide un saúdo.
Asociación Deportiva CAR