Lun, 01 Dec 2014, 12:37
Asunto: X CARREIRA POPULAR DE FIN DE ANO ARES MUGARDOS (28/12/14)...
A X CARREIRA POPULAR DE FIN DE ANO ARES MUGARDOS Celebrarase o día 28 de Decembro, cun percorrido de 10 kilómetros e o sorteo de agasallos e cestas.
• Responsables de Deportes dos dous Concellos organizadores presentaron esta iniciativa, que conta coa colaboración de Gadisa e Cocacola Iberian Partners, e terá lugar o domingo 28 de decembro, con saída de Ares, dende o seu pavillón deportivo municipal, ás once da mañá
A alcaldía do Concello de Ares acolleu esta mañá a presentación en rolda de prensa da que será a décima edición da Carreira Popular de fin de ano, que organizan as áreas de Deportes ds Concellos de Ares e Mugardos coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, e co patrocinio de Cocacola Iberian Partners ( a través das súas marcas comerciais: Aquabona e Aquarius), e Gadisa, e que terá lugar o domingo 28 de decembro ás 11.00 horas.
Segundo explicaron na comparecencia os reponsables das dúas administracións, nesta décima edición a proba sairá do pavillón deportivo de Ares, para percorrer este municipio, facer o propio polo de Mugardos e regresar ao mesmo punto de partida. En total, como puxeron de manifesto os organizadores, serán dez kilómetros nos que os corredores, como cada ano chegados de tódolos puntos de Galicia e incluso de fóra, compaxinarán o deporte e o carácter festivo da carreira.
Así, en canto ao carácter popular da proba cabe destacar, por unha banda, que non hai clasificación por categorías nin trofeos para os vencedores, senón un sorteo ao remate da carreira de cestas de Nadal e outros agasallos e, por outra, que os organizadores entregan gorros de Papá Noel aos participantes, aportando unha nota de humor a esta proba. Pero tampouco hai que esquecer que se trata dunha carreira integrada dentro do calendario de probas populares da Federación Galega, que conta cunha cronometraxe similar á dunha proba oficial e que se atopa en tódolos foros de atletismo, redes sociais desta modalidade deportiva e o propio portal da Federación.
Polo tanto, a carreira conta con todos os ingredientes para xuntar cada ano aos 500 corredores e corredoras de 14 anos en adiante que nestas últimas edicións tomaron parte na mesma. A este respecto hai que informar que o prazo para inscribirse remata o día 23 de decembro e os interesados deberán apuntarse na web da Federación
www.carreirasgalegas.com. O custo de inscrición será de 3 euros, estabelecéndose un límite de cincocentos participantes.
Os responsables de Ares e Mugardos quixeron agradecer a Gadis e CocaCola Iberian Partners, a súa constante e destacada colaboración nesta iniciativa -aseguraron que sen as súas aportacións, que se remonta ao primeiro ano, a celebración da proba sería imposible, e máis nestes tempos de crise-, indicando que mentres a primeira empresa aporta a froita fresca e as barritas enerxéticas aos corredores, CocaCola donará as bebidas isotónicas e o auga que se dará durante a carreira e ao remate da mesma.
Ademais os organizadores quixeron informar de que tanto as Policías Locais dos Concellos de Ares e de Mugardos, como as Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de ambos concellos, porán en marcha un dispositivo de tráfico e control das vías polas que discorre o evento, co obxectivo de preservar a serguridade e control da proba.
Un saúdo
Inscripciones 500 plazas ..ojo