Dom, 30 Nov 2014, 12:11
Asunto: Re: │DEBE CAMBIAR EL RECORRIDO DE LA MARATON DE CORUÑA???
Baixo o meu punto de vista, creo que non, non debe cambiar o percorrido.
Tres voltas non me parecen tantas como para que resulte repetitivo ou cansino. En 10000m en pista son 25 e non se me fai aburrido, de ver polo menos.
Ademáis, o feito de que o percorrido sexa de varias voltas axuda ao corredor nalgúns aspectos, xa que familiares, amigos e o resto de espectadores poden velos pasar e animar en varias ocasións e incluso en diferentes posicións. Iso nun maratón en liña non o podes conseguir.
Tamén é moito máis doado a nivel organizativo (menos cruces que controlar, menos postos de avituallamento), e o uso de alfombras para controlar o tempo valen para o paso por varios Km, así temos unha referencia ao acabar a proba dos nosos ritmos, que sempre se agradece.
(Refírome a, por exemplo, unha alfombra funciona como paso polo km5 e polo 20, outra polo 10 e 25, etc.)
Outra cousa que pode facerse cun circuito de varias voltas é realizar outras probas a un tempo, con saída a diferente hora, como un 10k ou un 1/2 maratón, ou un maratón de relevos (un exemplo: maratón Hannover), ofrecendo a posibilidade de que haxa máis inscritos, e polo tanto máis espectadores, máis xente acode á cidade, máis € deixan...
Tamén é máis doado realizar un circuito con perfil favorable a varias voltas. Iso en liña, é máis complicado, sobre todo coa orografía galega...
E por último o tema da homologación de récords, como xa dixo
Serginho, e coincido co que xa dixeron algúns, que a colaboración entre municipios é inviable.
Pero esta é só a miña opinión.