Dom, 22 Xul 2007, 12:56
Asunto:
Crónica do Aloia:
Os juarisnais non son bebidas isotónicas!! Por eso a subida ó Aloia comenzou a noite anterior: Festa da dorna en Ribeira, juarisnais, resaca...
Tui é un "marco incomparable" (xa sei que os ortodoxos critican esta coletilla, peeeeero
), tanto para acoller unha saída dunha proba como mesmo para quentar polas suas rúas. Xa sei que todo o mundo coñece este fermosa vila...¿ou non??
Tempo estupendo na salida. Un calorciño agradable. Ambientillo nas rúas. Atópome con Opaahi e Lubo. Vexo de pasada a Afiador.
Táctica ultraconservadora compartida con Opaahi: non pararnos en ningún momento, e rematar en menos dunha hora. Arrancamos atrás do pelotón. Ritmos moi lentos. No km. 2 xa imos pasando xente andando. A esas alturas, adiántanos unha nena duns 7 anos con este correr dos nenos, alegre e bullangueiro. Non tardará en cansarse, jeje....pensabamos para os adentros.
Era verdade o que decíades no foro: casi non hai zonas para relaxarse, todo para arriba. Eso sí, os falsos chans, saben a gloria.
Dous avituallamentos oficiales e un extraoficial: atopamos un grupo de chavalit@s con tres ou catro botellas de auga postas na carretera...¿agua? si, lles dixen..e déronme unha botella fría, fría que tiñan nunha bolsa-nevera destas de praia....normal, pensei....claro que 500 metros máis adiante estaba o avituallamento oficial...(por certo, con auga moito máis quente)
As vistas do final da carreira, espectaculares. Daban gañas de pararse a mirar, pero Opaahi non daba tregua...Os ritmos iban en algún km. por encima dos 8 min/km. O obxetivo de baixar da hora xa vimos que iba quedar para o ano que ven. Algún coche de vez en cando subindo e baixando. A falta de un km. ¿a quen nos atopamos?: á neniña que nos había adiantado no Km. 2.
Non nolo creíamos, alí seguía. Silvia, se chama. Do Club Comesaña. Decidimos ir con ela...máis que nada porque dese xeito os aplausos do final da carreira son máis sinceiros que si chegamos nolos dous solos
1:03:40
Uns estiramentos, unhas carreiriñas (porque según dixo Lubo a temperatura baixara 8º con respecto á que deixáramos en Tui).
Fiestorro intentando pillar pinchos ó vuelo. Aquarius, cerveza, viño...empanadas e hasta roscón. Eso sí, un pouco apretujaos que daba unha sensación un pouco incómoda.
Sorteo de agasallos e entrega de premios moi rápida. Afiador, como sempre, pillou cacho (noraboa, campeón!!)
E como me queda a espiña de baixar da hora, a carreira é moi agradable, o trato moi cordial e familiar....pois por todo eso, para o ano haberá que volver a intentalo...sin juarisnais previos, claro...