Xov, 18 Dec 2014, 5:34
Asunto: Re: Miopes y el running
sobre precios non digo nada, pero por
seguridade e comodidade as lentillas son o máis recomendable: non se empañan, non sóen caer, mayor campo visual sen deformacións, non se moven, inmunes aos choques e movementos bruscos,...
depende da graduación que teñades (da súa magnitude e presencia ou non de astigmatismo relevante) as
lentillas refugables poden ser unha opción económica. Polas, corres e ao lixo, pois duran só un día.
As gafas oakley son de gran
calidade en canto a meteriales (resistencia e comodidade) e deseños
ergonómicos.
Non son baratas mírese como se mire, pero son gafas que durarán moitos anos. As crosslink que din arriba son moi boas, pero teñen modelos específicos para facer deporte, ainda que se che fan os de oakley os cristáis a medida e personalizados salen por un pico, pero
quedan perfectas en canto a montaxe e estética.
Pero cada un sabe o seu presuposto e en qué quere gastar os cartos así como a necesidade de un producto tan específico. Con 2 ou 3 dioptrías case vale calquer cousa (pois non son cristales "complicados"), pero a partir de 5 hai que ver moi ben cómo senta a gafa na cara e
a curvatura que se lle pode dar aos cristáis é un factor decisivo no modelo que se poderá adaptar. Incluso hai modelos, sobre todo en ciclismo, que
levan un inserto interior separado para poder levar a gafa graduada ou non.
OAKLEY, ADIDAS, VERSPORT, JULBO, BOLLE, RUDYPROJECT,... hai un montón de marcas con solucións para deportistas, pero non esperedes ter un producto "decente" por 100€ e ademáis vos regalen tres gafas e unha boneca chochona (como parece estar de moda).
robertomf escribió: |
Aquí un miope con casi 5 dioptrias y que corre sin gafas, ni lentillas, ni nah de nah! A lo kamikaze!!! jajajaja
|
un valiente!
-- Chámame "ghose"