Mar, 23 Dec 2014, 20:48
Asunto: Re: Polémica en la VigBay 2015
Nalgún sitio pon que nas carreiras, teñan que participar corredores en cadeiras de rodas ou bicis adaptadas.
A organización pon unhas normas que deben estar no reglamento, e si non pon nada de que poden participar este tipo de corredores pois non hai nada que facerlle. (Salvo que eles queiran cambialo).
En cantas carreiras participan? Eu este ano fun a máis de 30 carreiras, delas 14 medias maratóns, e creo que só os vin en Viana, Pontevedra e Boiro. Non estou seguro se nalgunha máis.
Nas outras carreias que pasa, non lles deixan participar, non poden ir, non queren ir.
Tamén caseque todas as medias maratóns, poñen un tope de tempo, que pasa, eso non é discriminatorio, para a xente que non consegue correr a eses ritmos, ou pode ter unha minusvalía que lle impida por moito que queira cumprir eses tempos.
Un dos que máis pon o grito no ceo por esto colabora nun circuito de montaña. Ahí non hai tempos de corte?, na montaña non hai discriminación.
E que conste que a min gústame que participen e votei na páxina do facebook que puxestedes.
Pero a min paréceme que a esta carreira por parte dalgunha xente ténselle unha inquina especial.
PD.: Agora xa podes botarvos a miña yugular, pero con argumentos por favor.