Xov, 25 Dec 2014, 21:05
Asunto: Re: VI Carreira solidaria do Arenteiro (Carballiño-28-12-20
Hola amig@s!!!!
Perdoade por non respostarvos antes, pero foime técnicamente imposible.
Primeiro darvos as gracias por facer multitudinaria a carreira do arenteiro 2014 , xa andamos preto dos 650 participantes en tódalas categorias, por esó xa vos pedimos a todos a vosa axuda e colaboración para que todo salga como todos vos merecedes, xa que todos tendes moita esperiencia nas carreiras e nos( os clubs colaboradores) e a primeira vez que axudamos na organización nesta nova etapa e xa vos pedimos de antemán disculpas por se cometemos fallos.
Dito esto, comparto a descripcion do circuito que xa describiron tanto gzlo02 e kalandraca. Solo ampliar que aprox 1/3 e por terra(algún adoquin e algunha pasarela de madeira)xa que e un paseo fluvial. 2/3 e sobre asfalto. Temos que ter especial cuidado( xa que a previsión di que chove de noite e a primeira hora)no km 2,5 a baixada o muiño das lousas donde o camping xa que hai unha forte baixada de 20 metros, nas pasarelas de madeira e no puente branco e o pasar por debaixo do puente da carretera de astureses. O resto a dar gasss o que se poida.
A entrega de dorsais será na zona de saída-meta na praza da Veracruz o lado do monumento que lle da o nome. Queremos telos todos entregados antes das 10:30 da mañá, xa que a saída de adultos e as 11:00, por eso vos pedimos a colaboración e vos acerquedes o antes posible xa que as 9:00 intentaremos ter todo preparado.
Recordamosvos que o chegar a meta e tomar o avituallamento tendes a disposicion un autobús que vos levará as duchas o pavillón e vos traerá outra vez de volta.
Recordarvos que mañá pecha a inscrición
Saúdos e moitas gracias a todos! Mantemonos en contacto!!