anarky escribió: |
Pois pasado fin de ano, toca poñerse as pilas adestrando. No meu caso teño pensado simultanear a preparación para esta maratón coa dos 101 peregrinos (na primeira semana de Maio)... son bastante distintas pero xa corrín algunha maratón só facendo tiradas longas por monte e a última de 32 kms por asfalto. Este ano intentarei combinar na medida do posible tiradas por monte moi longas e por asfalto un pouco máis lentas que o ritmo obxetivo. A ver como se vai dando a cousa pero tamén me pode quedar un calendario gracioso para primavera como no caso de Antonioamaro: Maratón Barcelona, Quasi-Maratón na CAMOVI e 101 Peregrinos . Eso sí para a segunda parte da tempada descanso seguro. |