Dom, 21 Dec 2014, 22:57
Asunto: Re: San Silvestre en Vigo (28/12/14)
toijodio escribió: |
Seke, pódoche asegurar que varios dos organixadores da San Silvestre Viguesa Solidaria teñen comercio propio, e algún ourto outro tipo de negocios que tamén estarán aberto ese domingo 28, pero non por elo van deixar de ir |
A miña "crítica", se se lle pode chamar así, porque é somentes a exposición do meu punto de vista, é sempre en positivo. Remato coa frase "ojalá sea un éxito".
Creo que o que ano tras ano fai más grandes as carreiras é precisamente o feedback dos usuarios, as suxerencias ou críticas. Temos exemplos a milleiros. Obviemos frases do estilo "é moi fácil criticar". Os que organizamos algúns eventos sabemos o traballo que leva e que sí, que criticar é moi doado e que este é un traballo pouco satisfactorio en canto a recoñecemento (grazas)... pero poder ter un foro onde os teus usuarios dean a súa opinión acerca do teu evento, iso é impagable. Aproveitémolo. O 29, analizade a participación, os comentarios da xente trala carreira, e ogallá no cómputo xeral a ecuación saia positiva e o ano que ven decidades repetir o do domingo porque foi un éxito. Pero non desbotedes as suxerencias da xente.
Por último, xenial por aqueles que teñen comercio/negocio e non van deixar de ir á carreira, pero a realidade é que se facemos iso a gran maioría dos que traballamos no comercio, o día seguinte estamos na cola do INEM. Non é unha cuestión de vontade.
Un saúdo.