Lun, 29 Dec 2014, 13:58
Asunto: Re: IV Carreira do Nadal,Campo a Traves - Ribeira (27/12/14)
Magnífica, e fría, mañán a que nos deparou esta carreira de Nadal que o sábado tuvo lugar no complexo de A Fieiteira, en Ribeira.
Organizada sin grandes pompas nin parafernalia, pero cun estupendo espíritu deportivo, polo clube de atletismo Santa Uxía e a Asociación As Miñoteiras.
O percorrido, en apariencia sinxelo, acabou atragantándose máis da conta: 3 voltas a un circuito que, particularmente, encantoume, misturando a zona do tartán da pista de atletismo (bastante esbaradiza para os que non levábamos cravos), a zona de céspede do campo de futbol, e logo un xeitoso percorrido polo pinal da Garita, onde, ó final da súa rampiña máis dura, non parou de animar, do primeiro ó último, o gran Pedro Nimo.
O dito, unha carreira sin estridencias pero moi agradable.