Dom, 28 Dec 2014, 14:46
Asunto: Re: II Carreira pedestre do anllons ( 27/12/14 )
Darreina escribió: |
Pensaba esperar un pouco para comentar porque ainda estou deleitandome co regusto agradable. Para min esta carreira sigue estando a altura das grandes e dende logo ninguen pode dar mais por menos. Andres todo estuvo estupendo , non te tortures mais. E evidente que o trazado ten a sua dificultade e todo o que se faga para aumentar a seguridade e pouco pero a organizacion estuvo fantastica. Eu non sei en cantas carreiras GRATUITAS ou de pago hai xuices, chocolate, duchas quentes para todo o mundo, ausencia de colas para o avituallamento, sorteo de regalo, axilidade na entrega de premios co publico sentado...e moi importante, non habia un cono , habia 2 personas na ponte avisando da peligrosidade . E posible que se poda facer mellor pero cada dia vos superades. Noraboa a organizacion e especialmente a Andres!  |
+1
Son testigo de que Andrés tivo, ata o último minuto, "a mosca detrás da orella" co tema dos tramos de madeira (incluída a ponte das caídas, entre outros él mesmo)... Na mañán da carreira, cando se estiveron marcando os puntos quilométricos, Andrés comentoume da rede famosa e de por qué non se puxera; pasamos varios pola ponte e estaba seca, non esbaraba nada; incluso Andrés me dixo nun momento: "aínda estamos a tempo de poñela", pero non se viu necesario porque francamente, o estado da madeira nese momento (sobre as 13 h) non o requería... pero dóuselle por chover pouco antes de empezar a correr, e a situación cambiou.
Dito isto, tamén quero engadir algo: a rede que se pensaba poñer eu non a vin, pero oín que era metálica... Vou falar "de oídas", pero unha rede metálica, se por unha mala fortuna non evita 100% unha caída e caes enriba dela, non sei qué será peor... e se a rede non cubre a totalidade da superficie de madeira e esbaras fora da rede e caes sobre o borde da tela, non sei se podería facer dano tamén...
TOTAL: que o circuíto da carreira é moi chulo e se sae da típica carreira en asfalto; é mellor para as articulacións ao ser o terreo menos duro. Pero ten tres ou catro puntos "delicados"... na zona do cemiterio de Bértoa o camiño é estreito e hai que ir en fila de a un, case; aidantar alí é perigoso porque podes tocar con outr@ corredor@ e algún ir ó chan dado que o firme é irregular, de terra e herba; e os curtos tramos de pasarela de madeira (a ponte e outro par que había nunha marxe do río) tamén poden ser esbaradizos. Eu creo que todo o mundo sabe que a madeira mollada é unha superficie esbaradiza, e DEBEMOS TER COIDADO.
Non sei se as redes/mallas serán a solución... haberá quén diga que caeu igual e que se lastimou ca malla, ou que estropea as zapas... Eu creo que bastaría con aplicar o sentido común e tamén con advertilo por megafonía xusto antes da saída, algo como "MOITA ATENCIÓN COS TRES TRAMOS DE MADEIRA, INCLUÍDA UNHA PONTE, QUE HAI NO CIRCUITO ENTRE OS KMS 2 E 4, PASADE CON MOITÍSIMO COIDADO, QUE SE ESBARA". E tamén pediría que os adiantamentos se fixeran con tino, porque non estamos xogandonos unha praza nas olimpiadas... está claro que a todos nos gusta facer o mellor tempo posible, pero se pos en risco a un compañeiro ou a ti mesmo adiantando onde non é seguro facelo, pois creo que francamente non compensa.
Espero e desexo que @s que sufriron caídas non tiveran ningunha lesión de importancia e todo quedara en susto e rebozón. Pudo pasarnos a calquera, e en terro natural é máis fácil que no asfalto. Tamén é verdade que en carreiras urbanas que teño feito, en mollado, ao pasar sobre da pintura branca dos pasos de peóns, ou sobre tapas de alcantarilla, sentíaste "no aire" e ías con coidado. E nalgunha carreira como a de Ames, que tiña un tramo por un xardín ou parque urbano, había zonas de pavimento moi esbaradizo. Creo que é imposible garantir ó 100% que non vaia caer ninguén nunha carreira pedestre, por uns motivos ou outros. Débese evitar no posible, está claro, pero non é imposible que ocurra e cando vemos que as condicións o recomenden debemos estremar as precaucións.
Polo demáis, eu creo que á carreira pouco máis se lle pode pedir... Xa outros compañeiros fixeron comentarios positivos e non vou incidir máis; só mencionar, porque ninguén o citou, o hinchable dos cativos, pero seguro que ós pais que levaron pequenos debeulles parecer unha boa idea.
Graciñas a toda a xente que a fai posible: empresas colaboradoras, concello, protección civil, etc., etc., e sobre todo ó grupo de CORREDORES amantes do atletismo que a organizan e se volcan en facelo o mellor que poden.
Última edición por RaAmon o Dom, 28 Dec 2014, 18:19; editado 4 veces