Mar, 30 Dec 2014, 21:30
Asunto: Re: VI Carreira solidaria do Arenteiro (Carballiño-28-12-20
Hola amig@s¡¡¡
Dende a organización Concello do Carballiño e os equipos colaboradores korpore Carballiño e Atletismo Arenteiro queremos darlle desde este foro as gracias a todas a s persoas e organismos que fixeron posible a celebración desta carreira popular. Os nomes seria o de menos xa que todos os que levaron o traballo xa se senten identificados pero quero nombrar os familiares e amigos do club, a Cruz roxa e Caritas por darlle a parte solidaria, as forzas e corpos de seguridade e a protección civil. Tamén os patrocinadores como Manxares, Gadis, CCA Carballiño, Banco Sabadell Gallego, Turini, Autocares Rodríguez, etc...
Tamen queremos agradecer a todas aquelas persoas que viñeron disfrutar como público desta prova e os que viñerón dedicar o seu descanso a facer un traballo impagable como son a xente que fai as fotos Erick,Tamara, etc...
Tamén a Correr en Galicia, esta paxina web e as persoas que a fan posible fan un traballo extraordinario¡¡¡
Pero o máis importante son os corredores, a eles queremos darlle mil veces as gracias, que nos perdoen polos posibles errores e agradecemoslle a mostra de afecto cos seus comentarios neste foro, esperemos vernos en moitas carreiras máis e para o ano contar outra vez con todos vos e disfrutar desta paixón que fin de semana si e outro tamén recorremos a xeografía cando menos galega de cabo a rabo.
Tendes os resultados na páxina de cronotec e xa dimos as instruccións para que lle manden a clasificación para o circuito. tamén tendes un monton de fotos nesta páxina e nos blogs das persoas que mencionei e no Facebook.
¡MOITÍSIMAS GRACIAS¡ E ¡FELIZ ANO NOVO¡