Dom, 28 Dec 2014, 18:52
Asunto: Re: II Carreira pedestre do anllons ( 27/12/14 )
Andrés, tal como che dixo Teresa, a carreira estivo de 11 sobre 10. Eu fun un dos que se "aproveitou" do feito de que houbese inchables (en galego isto escríbeche sen h, non?
) para os cativos, algo, creo, que nunca visto nunha carreira gratuita. O tema da ponte é unha circunstancia máis de carreira, como pode ser o barro noutros tramos. Tal vez, como dicía o foreiro Ramón, sería cousa de avisar por megafonía un pouco antes de empezar a carreira e listo; tan só se trata de ir máis amodo nesa zona (total, apurando nesa ponte e polo tanto arriscándote a caer, que podes gañar se non caes?, 3 segundos?, 4?...). Espero que a túa caída (e as outras que houbese) non tivese graves consecuencias, así que se podes vir, recórdoche que o día 31 teremos a Milla de Baio como tódolos anos a iso das 5 da tarde. O dito, moitas grazas polo teu traballo (non só nesta carreira) e sen dúbida espero voltar para o ano.