Lun, 05 Xan 2015, 0:20
Asunto: Re: San Silvestre Solidaria Ponteareas 2014
Ola a todos e todas:
Grazas por abrir este fío, polas palabras de felicitacións e apoios, e polas críticas constructivas.
A respecto do tema duchas, dicir que para o vindeiro ano tentaremos que o servizo sexa máis áxil, voltando ao lugar tradicional, que neste ano non puido ser empregado por mor das obras existentes.
A respecto do circuíto. Tentaremos facer (contando coa complexidade organizativa derivada do feito) dúas voltas de 2,5 km para completar cinco kilómetros desta Proba Non Competitiva e Solidaria, na que polo tanto non hai vencedores nin vencidos nin clasificacións, como ben se reflexa no regulamento publicado e aceptado por tódolos participantes inscritos.
Esperamos a tódolos que queiran compartir uns kilómetros cos Taninos Runners Ponteareas o 31 de decembro de 2015 no mesmo lugar e hora que no pasado 2014.
Grazas a todos.
Fernando Rama
Coordinador da III San Silvestre Solidaria de Ponteareas