Dom, 11 Xan 2015, 16:25
Asunto: Re: Media Maratón Viana do Castelo 2015
Hola Kurty, o plan de entrenamento saqueino de Runtastic, entre outros, había un plan para 2:00hrs. que é o que estou facendo, (non me atrevín co de 1:50hrs e igual era máis indicado).
O Domingo pasado tocábame tirada de 2horas a un ritmo entre 6:10-6:50, pero é que non son capaz de ir a ese ritmo, así que fun ó ritmo que me sentía cómodo olvidándome do tempo.
Cando me din conta vin que lograra facer máis dos 15K, así que seguín e completei os 21,100 por primeira vez e levoume 2:04:15.
Hoxe finalmente, e despois de darlle voltas, saín igualmente a un ritmo cómodo á completar 15K, e saíume en 1:22hr. e a un ritmo de 5:30.
Para a semana vou sair 40' Martes e 30' Xoves, e polo medio metereille algo de piscina, penso que así estaréi suficientemente descansado para a Carreira do Domingo.
Respecto ó de que nas carreiras salimos máis motivados, ahí esta o problema, lembro que o meu primeiro 10K en Ribeira paguei a novatada, sain coma un foguete, por debaixo do meu ritmo normal, resultado, por dúas veces parei de correr para camińar, e do kilómetro 7 para díante sufrín o que non está escrito, por ese mesmo motivo me apuntei a esta, para ir con cabezińa e probar a ver como vai o tema, despois na Vig-Bay xa se verá si logro baixar das 2 horas.
Eu medias non fixen ningunha, o que estou facendo son casi todas de 10K.
Teńo que ir aprendendo pouco a pouco que empecei a correr en Marzo e teńo medo a unha lesión, por eso alterno días de correr con días de piscina para non cargar as rodillas que ando polos 80Kilos, (a bici está aparcada no garaxe que algún conductor kamikaze quitoume as ganas de sair con ela).