Foros ›
I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2015, 18:44
Asunto: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego

O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o “Trail de Compostela. 15o

Aniversario do Noitebra F.C.” coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e

baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o

seguinte Regulamento:

Regulamento do “Trail de Compostela. 15o Aniversario do Noitebra F. C.”

1.- Data e Lugar: O “Trail de Compostela. 15o Aniversario do Noitebra F.C.” celebrarase o

domingo 15 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela. A saída darase ás 10:30 horas

dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso.

2.- Percorrido: A proba transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e

monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames.

Trátase dun percorrido aproximado de 17,5 Qm., cun desnivel acumulado duns 650 metros positivos e 1300 acumulados

(aínda que o percorrido poderá sufrir variacións para mellorar a seguridade dos participantes).

3.- Control técnico: A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da

Federación Galega de Atletismo.

4.- Participación: Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, maiores de

18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, sempre que se ateñan ao indicado neste

regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados.

De forma simultánea terá lugar o Campionato Galego, xunior, promesa, absoluto e

veterano de Trail (Federación Galega de Atletismo), exclusivo para atletas federados/as.

5.- Categorías: (anos cumpridos ata o día da proba)

A. Categoría masculina absoluta, maiores de 18 anos.

B. Categoría feminina absoluta, maiores de 18 anos.

C. Categoría masculina veterano, maiores de 41 anos.

D. Categoría feminina veterana, maiores de 41 anos.

6.- Premios:

● Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina absoluta

(A).

● Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta (B).

● Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina veterano

(C).

● Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana (D).

● Equipos federados: trofeo para os tres primeiros equipos federados (FGA) clasificados.

Para optar aos premios deberán rematar a carreira mínimo 8 atletas, puntuando en

meta os 4 primeiros en chegar de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos

puntos en función dos postos acadados polos seus atletas. Os equipos poderán ser

mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible enviar a listaxe coa composición

dos equipos ao mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en

Santiago (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o día 13 de marzo ás 14:00

horas.

7.- Inscrición: Abrirase o 13 de febreiro e ata o 12 de marzo ás 22:00 horas. Dita inscrición

realizarase na web www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán e aceptarán inscricións fóra

de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios.

As inscricións para o Campionato Galego, xunior, promesa, absoluto e veterano de Trail terán

que ser realizadas a través dos respectivos clubs federados dende a plataforma de inscrición

online da RFEA: isis.rfea.es/sirfea2

As clasificacións serán independentes (Trail “popular” e Campionato).

8.- Prezo: A cota de inscrición será de 9 €. Os/as atletas federados/as inscritos/as no

Campionato Galego que queiran optar aos premios do Trail “popular” polo que se rexe este

regulamento, recibir agasallos e participar nos “pinchos” ofrecidos pola Organización ao final da

carreira, deberán facer tamén a súa inscrición no Trail a través de www.carreirasgalegas.com.

9.- Agasallos: O importe da inscrición levará consigo un seguro de responsabilidade civil e

de accidentes deportivos. Tamén se poderá facer uso de todos os servizos establecidos pola

Organización para os participantes, así como un agasallo conmemorativo para todos/as os/

as participantes inscritos/as.

A non asistencia á proba non implicará a devolución da cota de inscrición.

10.- Recollida dos dorsais: Os dorsais recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00

horas e ata as 10:00 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais

despois da hora límite (10:00 horas).

11.- Sinalización: O percorrido estará debidamente sinalizado con carteis indicadores e cintas

de balizamento ben visibles. Existirán referencias quilométricas en certos puntos do percorrido.

12.- Controis: No desenvolvemento da proba a Organización disporá dos controis que estime

oportunos. Omitir ditos controis poderá levar á descalificación do/da atleta.

13.- Avituallamentos: Disporase de, mínimo, 2 puntos de avituallamento máis o de meta. Un

deles será un avituallamento líquido e sólido (auga, froita, etc.) e o outro será só líquido.

14.- Tempos de paso: Nun principio non haberá tempo límite de entrada na meta. En calquera

caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da proba aos corredores/

as que infrinxan as normas da proba, non leven o dorsal regulamentario de forma ben visible na

parte anterior (dianteira) do corpo, desatendan as indicacións dos organizadores ou manteñan

unha actitude pouco deportiva cara o resto dos participantes. A estes efectos, a Organización

ten prevista a participación de corredores que actuarán como peche de carreira e ciclistas

que nalgúns sectores acompañarán á carreira. Todos aqueles/as participantes que se vexan

afectados/as por una decisión de descalificación, deberán facer entrega do dorsal no posto

de control máis próximo e abandonar a proba atendendo ás indicacións dos membros da

Organización.

15.- Dorsal: Todo/a atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente

colocado na zona anterior do corpo (zona próxima ao peito) e en toda a súa extensión, serán

automaticamente descalificados.

16.- Reclamacións: As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse

verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da

publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co

Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

17.- Duchas: Haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol

Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1 Qm. da saída e meta da carreira.

18.- Reunión informativa: A Organización facilitará os detalles organizativos máis relevantes

na charla técnica que se realizará 5 minutos antes da celebración da proba, na mesma saída.

19.- Medio ambiente: A proba desenvolverase na súa maior parte por paraxes naturais, polo

que será obriga de todos e todas preservar a contorna evitando botar desperdicios fóra das

áreas de control.

A tal efecto colocaranse colectores de lixo ata unha distancia máxima de 100 metros dende o

posto de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos/das

participantes.

20.- Asistencia sanitaria: A Organización disporá de Servizos Sanitarios regulamentarios en

puntos estratéxicos do percorrido. Así mesmo, ofrecerase en meta atención médica para os/as

deportistas que tiveran algunha necesidade excepcional.

21.- Seguridade: A organización resérvase o dereito a desviar a proba por algún percorrido

alternativo e realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes

condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou

por forza maior.

22.- Auxilio en accidentes: A Organización disporá para a realización da proba dunha

Ambulancia con Médico para axudar aos corredores/as que o requiran.

Así e todo, os/as participantes deberán auxiliar aos accidentados que precisen axuda, así como

a informar de calquera contratempo nos controis de paso ou chamando a un teléfono que será

proporcionado pola Organización e que irá serigrafiado no dorsal.

23.- Responsabilidade: A Organización declina toda responsabilidade en caso de perda

dalgún obxecto, ou de neglixencia dalgún participante. Os/as participantes serán responsables

de todo prexuízo que poidan causarse a si mesmos ou a terceiros.

24.- Material recomendable: Trátase dunha proba con circuítos mixtos (terra e asfalto)

denominados Trail ou Carreira de Montaña apta para todos os niveis, e, aínda que non é

excesivamente técnico, recoméndase levar zapatillas técnicas ou, polo menos, con algo de

taco na sola para un mellor agarre.

Aínda que hai dous avituallamentos, é recomendable, para quen o considere oportuno, levar o

seu propio sistema de hidratación (nunca botellas de plástico).

25.- Máis información:

● Blog do Noitebra F.C. (http://noitebrafc.blogspot.com)

● Facebook do Noitebra F.C. (https://www.facebook.com/noitebra.atletismobtt)

● Twiter do Noitebra F.C. (https://twitter.com/Noitebra_FC)

● Carreiras Galegas (http://www.carreirasgalegas.com)

● Federación Galega de Atletismo (http://www.atletismogalego.com)

● Correr en Galicia (http://www.correrengalicia.org)

You´ll never run alone

Última edición por FleKy o Mér, 18 Feb 2015, 20:29; editado 7 veces
Javier_1

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
2/04/13
200 Carreiras
1541 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2015, 20:17
Asunto: Re: I Trail de Compostela (1 de marzo)

Se ve que ya empieza la temporada
XABOU

Maratoniano
Maratoniano
19/01/11
389 Carreiras
405 Mensaxes
CARNOTA
Respostar citando Envío Ven, 09 Xan 2015, 22:55
Asunto: Re: I Trail de Compostela (1 de marzo)

pois se faltan flecos por atar....ten en conta k hai trail no couso (Ribeira) cambiade a data k se esta a tempo e asi podemos ir os dous.....gracias de anteman pola iniciativa.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 10 Xan 2015, 5:55
Asunto: Re: I Trail de Compostela (1 de marzo)

... e non ten nada que ver con Trail que fixeron no Pedroso o ano pasado? Pregunto.

-- Chámame "ghose"
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
500 Carreiras
678 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Sáb, 10 Xan 2015, 9:30
Asunto: Re: I Trail de Compostela (1 de marzo)

Trail novo que está tratando de organizar o Noitebra no marco das celebracións do 15 aniversario do club Guiño

Esperemos que todo poida encaixar ben, que non é fácil.
xabiercf

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/10/11
5 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2015, 17:39
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

Xenial... noraboa os organizadores.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2015, 19:56
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

Un trail na casa... por fin! Rezar Rezar

Por favor, que haxa distancia curta para os novatos...
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2015, 21:13
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

Seran entre 12km ou 17km a distancia. Son o minimo e o maximo que andamos a baraxar. Xa se foi a miralo circuito e a distancia rondara entre eses dous baremos.

You´ll never run alone
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1312 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 11 Xan 2015, 22:06
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

memphis, este trail será apto para calquera acostumado a correr de cando en vez, como en outro tipo de probas, todo vai en dosificar según as capacidades de cada un, pero o Pedroso é un monte moi levadeiro ademáis de precioso.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2015, 7:22
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

FleKy escribió:
Seran entre 12km ou 17km a distancia. Son o minimo e o maximo que andamos a baraxar. Xa se foi a miralo circuito e a distancia rondara entre eses dous baremos.

mac-ray escribió:
memphis, este trail será apto para calquera acostumado a correr de cando en vez, como en outro tipo de probas, todo vai en dosificar según as capacidades de cada un, pero o Pedroso é un monte moi levadeiro ademáis de precioso.

Bailar Gracias pola información.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 13 Xan 2015, 21:19
Asunto: Re: I Trail de Compostela ( marzo)

Habrá que intentar ir,máxime organizado polo noso clube.
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2015, 21:25
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo)

15 de marzo xa temos data proximamente mais informacion...............

You´ll never run alone
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4789 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 19 Xan 2015, 22:11
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo)

esta fecha la verdad es que me gusta..................

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mar, 27 Xan 2015, 21:16
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego

Outro avance mais xa posto no titulo

You´ll never run alone
xabi_rabacallos

Montañés
Montañés
4/09/13
666 Carreiras
942 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Xan 2015, 8:11
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego

FleKy escribió:
Outro avance mais xa posto no titulo

campionato galego da FGM???

Rodicio @ gmail.com

"Sacroleitis touch the kinder...but...I will be back" jeje





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos