Xov, 01 Xan 2015, 21:04
Asunto: Duatlón de Reis de Reparada (quedada 6-1-15)
Como moitos de vós xa saberedes, o vindeiro domingo 11 de xaneiro terá lugar o clásico Duatlón de Reis de Reparada (Vimianzo). As inscricións están pechadas porque xa se agotaron as 144 prazas dispoñibles (hai lista de espera).
Pero todos aqueles que queirades un "aperitivo", teremos unha quedada o día 6 ás 11 da mañá diante da igrexa de Reparada para facer o percorrido do Duatlón, que será igual co do ano pasado: 5,6 km a pé, 2 voltas a un circuito de 10,5 km en BTT e por último outros 3,4 km a pé.
Os que queirades vir tan só tedes que estar nese lugar a esa hora, aínda que tamén estaría ben que avisarades por este fio para darnos unha idea dos que seremos.