Mér, 21 Xan 2015, 22:28
Asunto: Re: Recomendación trail / carrera de montaña
Bufff
moitas gracias polas vosas suxerencias!!!
Vou leendo, tomando nota e informándome. Xa fun ollando os trails de Oleiros, e o do Xalo, para facerme unha idea, e teñen moi boa pinta. Así que sinalei unhas datas para compoñer un probable calendario para a miña "iniciación ó trail". Na planificación inclúo tódalas carreiras que considero nese período, sexan de asfalto ou non; ahí vai:
22 Feb -> Media Maratón da Coruña (ésta sí ou sí, que xa estou inscrito)
1 Mar -> Trail da Laracha (ainda que só sexa por proximidade
)
30 Mar -> CTO "Seixo Branco" (comentarios moi positivos e parece asequible)
12 Abr -> MediaSan do Camiño (é un capricho :-))
26 Abr -> Xalo
1 Xun -> O Burgo (14 km, asfalto)
21 Xun -> 10.000 Carballo (obrigada, é a carreira do meu pobo)
30 Ago -> Trail As Pontes (apetéceme facer algo no verán)
Igual está moi cargado... terei que ir vendo... dende logo non vou meter nada máis, pero según como vaia a cousa igual quito algunha.
Preocúpame o comentario de luille (e gracias por advertilo, colega
) relativo a que as carreiras de monte poden facerme "máis lento" en asfalto... xa non son moi rápido, así que era o que me faltaba!
Sí, a verdade é que algo se me pasara pola cabeza, pero non tiña argumentos para verificalo. Non me gustaría facerme máis lento en asfalto, a verdade, porque o que teño agora, que xa non é moito, costa conseguilo... ¿A alguén máis lle pasou iso? ¿é unha certeza que ocurrirá tal cousa¿ ¿ou unha posibilidade remota? supoño que poderá compensarse con entreno "asfaltero" e non facendo demasiado monte... ¿qué opinades? é que non me quero "especializar"!!!
Bueno, de novo graciñas a todos; estádesme sendo de moita axuda e un síntese arroupado neste foro. Se no monte a xente é tan amable, a verdade é que debe dar gusto
Saúdos, saúde, sentidiño para entrenar, e que non falte a sorte tampouco. Coidádevos, e vémonos nas carreiras.
Última edición por RaAmon o Xov, 22 Xan 2015, 21:29; editado 1 vez