Foros ›
Autor
Mensaxe
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Xan 2015, 23:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

moitisimo animo para a carreira de lugo!!!e aproveita logo para dar unha volta co teu"peperete"(conyugue en "fino")
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 13 Xan 2015, 23:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Jaja, o de peperete non o escoitara nunca por aquí por Vigo! Graciñas polos ánimos Corrin. A carreira non sei que tal sairá, pero o da volta si que está garantizado, sempre imos a Lugo nestas datas para aproveitar para estar cuns amigos que temos ali.

Hoxe penúltima saida antes da carreira. Noite pecha, pero sen necesidade de linterna frontal coma Dr Slump.

8880 m en 50:38 minutos... Hoxe levaba menos kriptonita colgada no pescozo, pero tampouco é como para tirar foguetes. En fin, a ver o xoves que tal.

Por certo, xa me chegou o dorsal hoxe por mensaxería, unha preocupación menos.
javier1972

Novo foreiro
Novo foreiro
21/12/13
20 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Xan 2015, 16:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hola meiga.e a primera vez q escribo no teu diario pero leoo a miudo.vaía toreo con dorsal do Ccnos.a verdade e q lle ponen difícil a xente e ágora resulta q se pode recoller o lado da saida.sorte para o sabado .vemonos o sabado
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 14 Xan 2015, 17:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Benvido Javier, graciñas por pasarte por aquí!

A verdade que o do dorsal xa o podían facer mellor. Teño o dorsal 1529, se me localizas, estarei encantada de saludar... Iso se non se suspende a carreira como hai 2 anos, que creo que dan un tempo terrible para a fin de semana.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 16 Xan 2015, 22:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Onte fixen a segunda saída da semana. A distancia habitual en 49:29 minutos. Un bo trebón no camiño de volta , entre as 4 Pontes e a Riouxa, pero imaxino que só catro pingas en comparación que que lle toca de chupar a outros en Coruña .

Mañá saimos a media mañá para Lugo, espero que no teñamos alerta laranxa e non quedemos sen carreira... Correr con chuvi tampouco me importa, ainda que a saida sobre pedra mollada non é algo que me inspire moita confianza.

Hoxe ando con molestias na ingle e perna dereita, xa non sei se ñe pánico escénico,ou que onte no tiven tempo de estirar ben ó volve,r ou as dúas cousas, A ver que tal se me da mañá.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Xan 2015, 23:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Disfrutando neste momento dunha boa compañía en Lugo, e gorroneando un chisco a súa conexión a internet.

A perna dereita algo queixosa polo frío e o esforzo desta tarde, pero tamén o relax que deixan as endorfinas depois dunha carreira.

Non lle dou collido o punto á saida da Nocturna na Praza do Concello, gustábame mais sair desde Ramón Ferreiro, era menos agobiante e cada quen atopaba o seu sitio mais doadamente, Hoxe era imposible correr sen darte de codazos ou comerte vallas e papeleiras ata chegados ó Campo do Seminario... Pero finalmente non escorreguei nin caín, e repetín mais ou menos o resultados do ano pasado corendo un chisco mais cómoda (aínda que no tramo final unha vez máis ís un pouco en modo "Navratilova")

Os datos oficiais din que corrín a un ritmo de 4:55min/km, que fixen o traxecto en 19:07 minutos, e que quedei de número 5 de 10 superveteranas ( sempre no término medio e no aprobado raspado) . Posto 89 entre 253 féminas, e 641 de 929 na xeral... Por min, obxectivo cumprido, aínda que sei que fixen o percorrido en menos tempo, pero, burra de min coma sempre, esquecín parar o garmin ó pasar polo arco de meta. A ver se mañá en casa descifro un pouco mellor o tempo real ó ver os gráficos.

Freaky, hoxe si que eramos un 25%... A ver se é verdade que cada día somos máis. Eu pola miña banda non tería inconveniente en cambiar o nome ó diario.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Xan 2015, 17:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por fin revisei o garmin. Efectivamente o tempo en carreira foi de 18:20 minutos, pero como a distancia da 3730m, ó final o ritmo queda igual , 4:54 a 4:55. Doume por contenta igualmente, e ainda sae un chisquiño mellor ca o ano pasado.

Mañá toca volver sair, pero creo que vou deixar descansar a perna dereita un pouco.


Última edición por Meigalicix o Dom, 18 Xan 2015, 19:00; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4286 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Xan 2015, 17:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Cuando todo esté claro al otro lado de la luna seréis el 50. Non viviremos para ver eso pero se verá. Te lo dice un padre de hijas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Xan 2015, 19:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por fin a primeira saída da semana... Demasiada vagancia "post-carreira".

Saiume claramente a "trote cochinero": 8880m en 52:17 minutos, cun ritmo de 5:53 min/km... Supoño que era inevitable, e ademais o propio, por ter comido un plato abundante de cocido, co seu chouriciño e a súa orelliña de porco,mmmm, ás 3 da tarde (que é a hora habitual de xantar para nos este ano).

A vindeira saída terei que facela de mañán e antes de almorzar, para compensar.

Densidade desta tarde, 4 runners e unha servidora, o que nos da unha proporción do 20%, pero non é o habitual, de momento.
Aprendiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/06/13
8 Carreiras
680 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Xov, 22 Xan 2015, 9:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga, me pongo al día de tu diario, muy buena carrera, y bajar de 5/km, aunque fuera una carrera corta, está estupendo. A seguir así!

Hazlo, o no lo hagas. Pero no lo intentes.
javier1972

Novo foreiro
Novo foreiro
21/12/13
20 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Xan 2015, 15:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

noraboa pola carreira.eu o final non poiden ir.outra vez será q coincidamos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Xan 2015, 17:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moitas grazas polo comentarios, Freaky, Aprendiz e Javier.

Hoxe fixen a segunda saida da semana (tiña que ter sido onte pero a axenda cambia dia a día "cual piuma al vento")

Como andaba xusta de tempo, e o tempo estaba primaveral, fun pola Guía, que desde primeiros de xullo non volvera a pisar con zapatillas de correr.

Non levei o garmin por non andar a rifar cos satélites, pero está claro que xa perdín a maña co podómetro, pois en vez de poñelo en marcha para cronometrar deixeino en función parada... En fin, supoño que faría os 5 km de costas nos habituais 30 a 35 minutos. Pero o caso era desoxidarse.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Xan 2015, 17:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

asime gusta Meiga!! ahh e moitas grazas polos animos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3274 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Xan 2015, 23:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

E remata a semana cunha terceira saida, cutre, 10 voltas pola Balbarda porque non habia tempo para máis , pero polo menos que a miña conciencia non me fose a dar a tabarra despois . 31:12 minutos en total para os 5200 m (vale hoxe o garmin marcaba 5220).

Estamos a piques de rematar xaneiro e un dia destes terei que comezar a pensar na Vig Bay... Estou realmente de acordo con motísimas cousas que se critican do prezo, e do espíritu de fondo da organización. E sobrarían outras medias maratóns para correr no mundo. Sen ir máis lonxe a de Coruña (encantado que estaría Freaky de que por fin me achegase á súa terra, e mais encantado aínda estaría o padriño do meu fillo mais vello de que con tal motivo me pasase o día con el)... Por non dicir da Behovia- San Sebastián, que nunca corrín, pero non será por veces que me teñen insistido e invitado os meus amigos de alí...

Pero hai tradicións que están tan metidas no corpo que xa case é imposible cambialas... E aquí a tradición consiste en que os colegas do barrio, que por cuestións de traballo e familia é case imposible quedar con eles, nese día da Vig Bay os que nos sentimos con ánimos imos correr (normalmente 5 ou 6), o resto van de fotógrafos, utilleros e animadores incasables desde a cuneta (hai 3 anos apareceron en Baiona con pancarta despregada e todo). E logo da carreira xuntámonos todos (que podemos ser tranquilamente ata 30 persoas) e imos xantar a Casa Paco, na aldea de Torroña, eses fideos con ameixas e ese cordeiro asado , esas filloas no postre, mmm... E aínda despois da sobremesa, de volta a Vigo, nun patio soleado en pleno corazón da favela de Teis (léase rúa do Espiñeiro), sesión de tertulia, guitarras e gintonics para rematar de despedir a xornada. Unha xornada desas pouquiñas do ano en que podemos estar así.

Síntome un pouco "cambiachaquetas", pois non me gusta o precio que vai tendo a carreira, nin a publicidade enganosa que fan co tema solidario, e agora tampouco toda a polémica con respecto ás hanbdbike e demáis. E aínda así, sei que irei, por competir conmigo mesma e tratar de facela no tempo do ano pasado ou mellor, pero especialmente por non perderme esa festa que facemos todos xuntos... En fin, que todas as contradiccións e dilemas sexan estes.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4286 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Xan 2015, 17:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga: Yo no descarto ir a las dos C21 y VigBay. Si coincidimos guai. Mi ritmo de salida quiero que sea 5:15, pero ya veremos. Ojalá nos cuadre.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos