Xov, 22 Xan 2015, 20:38
Asunto: Re: Recomendación trail / carrera de montaña
OK! Haberá que ir vendo, logo... Na planificación (provisional, orientativa) que puxen antes vou intercalando asfalto e monte, de xeito que podo ir vendo os efectos dunhas probas noutras. Por outra banda, non vou prescindir dos días de series, así que irei vendo se os ritmos nestas varían preocupantemente; o que pensaba é facer, os días de rodaxes ou tiradas largas, en vez de metelas por asfalto facelas máis en monte, pero sen desniveis moi fortes, alomenos de momento. Con éstos colles forza, está claro, pero igual sí que te acostumbras a ritmos máis baixos. Irei vendo.
De roupa creo que irei experimentando; de entrada, sen nada específico de monte; usarei unha mochiliña de raid de 12 litros que teño para as camiñatas rápidas, como moito.
De calzado teño xa, dende hai uns meses, unas Adidas Kanadia TR4, modelo bastante antigo, pero que me pasou un colega que as mercou pequenas e lle facían dano; vanme ben de tamaño a min, pero: para os traisl que puxen arriba ¿son axeitadas? recordade que se trata de probar, de "desvirgarse", e que non son nada "pro", de xeito que non pensaba, se non me engancho ó monte, mercar nada concreto, pero tampouco me quero pegar un sopapo por levar calzado non axeitado. Esas Adidas ¿pensades que poden servir para os trails de iniciación que puxen? (Laracha, Oleiros, Xalo, As Pontes).
Perdoade tanta pregunta, e grazas en todo caso.