Ven, 30 Xan 2015, 12:04
Asunto: Re: Equipo C.A.R. Marisqueiro Sección Montaña
Deixovos o contido dun correo que chegou ao clube:
Ola, amigos. Escribimosvos dende o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ para informarvos de que o vindeiro 3 de maio celebraremos a nosa primeira carreira de montaña como clube: TOXIZA CLASSIC XTREME. Unha proba de 40 km (con un desnivel acumulado de 3000 metros) que con saida e meta na praza da catedral de Mondoñedo (Lugo), discurrirá polos montes máis espectaculares e emblemáticos da zona: A Toxiza, A Pena da Roca e a reserva natural de A Fragavella.
Sería para nós un pracer poder contar con a vosa presenza e por eso animamosvos a que nos acompañedes neste día.
Para calquer dúbida sobre a proba podedes visitar a páxina de facebook: TOXIZA CLASSIC XTREME ou poñervos en contacto con nós a través deste correo.
Moitas grazas e oxalá podades vir. Un saúdo.