Dom, 25 Xan 2015, 23:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)
E remata a semana cunha terceira saida, cutre, 10 voltas pola Balbarda porque non habia tempo para máis , pero polo menos que a miña conciencia non me fose a dar a tabarra despois . 31:12 minutos en total para os 5200 m (vale hoxe o garmin marcaba 5220).
Estamos a piques de rematar xaneiro e un dia destes terei que comezar a pensar na Vig Bay... Estou realmente de acordo con motísimas cousas que se critican do prezo, e do espíritu de fondo da organización. E sobrarían outras medias maratóns para correr no mundo. Sen ir máis lonxe a de Coruña (encantado que estaría Freaky de que por fin me achegase á súa terra, e mais encantado aínda estaría o padriño do meu fillo mais vello de que con tal motivo me pasase o día con el)... Por non dicir da Behovia- San Sebastián, que nunca corrín, pero non será por veces que me teñen insistido e invitado os meus amigos de alí...
Pero hai tradicións que están tan metidas no corpo que xa case é imposible cambialas... E aquí a tradición consiste en que os colegas do barrio, que por cuestións de traballo e familia é case imposible quedar con eles, nese día da Vig Bay os que nos sentimos con ánimos imos correr (normalmente 5 ou 6), o resto van de fotógrafos, utilleros e animadores incasables desde a cuneta (hai 3 anos apareceron en Baiona con pancarta despregada e todo). E logo da carreira xuntámonos todos (que podemos ser tranquilamente ata 30 persoas) e imos xantar a Casa Paco, na aldea de Torroña, eses fideos con ameixas e ese cordeiro asado , esas filloas no postre, mmm... E aínda despois da sobremesa, de volta a Vigo, nun patio soleado en pleno corazón da favela de Teis (léase rúa do Espiñeiro), sesión de tertulia, guitarras e gintonics para rematar de despedir a xornada. Unha xornada desas pouquiñas do ano en que podemos estar así.
Síntome un pouco "cambiachaquetas", pois non me gusta o precio que vai tendo a carreira, nin a publicidade enganosa que fan co tema solidario, e agora tampouco toda a polémica con respecto ás hanbdbike e demáis. E aínda así, sei que irei, por competir conmigo mesma e tratar de facela no tempo do ano pasado ou mellor, pero especialmente por non perderme esa festa que facemos todos xuntos... En fin, que todas as contradiccións e dilemas sexan estes.