Ven, 09 Xan 2015, 18:44
Asunto: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego
O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organiza o “Trail de Compostela. 15o
Aniversario do Noitebra F.C.” coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e
baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o
seguinte Regulamento:
Regulamento do “Trail de Compostela. 15o Aniversario do Noitebra F. C.”
1.- Data e Lugar: O “Trail de Compostela. 15o Aniversario do Noitebra F.C.” celebrarase o
domingo 15 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela. A saída darase ás 10:30 horas
dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso.
2.- Percorrido: A proba transcorrerá por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e
monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames.
Trátase dun percorrido aproximado de 17,5 Qm., cun desnivel acumulado duns 650 metros positivos e 1300 acumulados
(aínda que o percorrido poderá sufrir variacións para mellorar a seguridade dos participantes).
3.- Control técnico: A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
4.- Participación: Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, maiores de
18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, sempre que se ateñan ao indicado neste
regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados.
De forma simultánea terá lugar o Campionato Galego, xunior, promesa, absoluto e
veterano de Trail (Federación Galega de Atletismo), exclusivo para atletas federados/as.
5.- Categorías: (anos cumpridos ata o día da proba)
A. Categoría masculina absoluta, maiores de 18 anos.
B. Categoría feminina absoluta, maiores de 18 anos.
C. Categoría masculina veterano, maiores de 41 anos.
D. Categoría feminina veterana, maiores de 41 anos.
6.- Premios:
● Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina absoluta
(A).
● Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina absoluta (B).
● Trofeo e agasallo directo aos 3 primeiros clasificados na categoría masculina veterano
(C).
● Trofeo e agasallo directo ás 3 primeiras clasificadas na categoría feminina veterana (D).
● Equipos federados: trofeo para os tres primeiros equipos federados (FGA) clasificados.
Para optar aos premios deberán rematar a carreira mínimo 8 atletas, puntuando en
meta os 4 primeiros en chegar de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos
puntos en función dos postos acadados polos seus atletas. Os equipos poderán ser
mixtos (homes e mulleres). Será imprescindible enviar a listaxe coa composición
dos equipos ao mail da Delegación da Federación Galega de Atletismo en
Santiago (FGAsantiago@gmail.com), con prazo límite ata o día 13 de marzo ás 14:00
horas.
7.- Inscrición: Abrirase o 13 de febreiro e ata o 12 de marzo ás 22:00 horas. Dita inscrición
realizarase na web
www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán e aceptarán inscricións fóra
de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios.
As inscricións para o Campionato Galego, xunior, promesa, absoluto e veterano de Trail terán
que ser realizadas a través dos respectivos clubs federados dende a plataforma de inscrición
online da RFEA:
isis.rfea.es/sirfea2
As clasificacións serán independentes (Trail “popular” e Campionato).
8.- Prezo: A cota de inscrición será de 9 €. Os/as atletas federados/as inscritos/as no
Campionato Galego que queiran optar aos premios do Trail “popular” polo que se rexe este
regulamento, recibir agasallos e participar nos “pinchos” ofrecidos pola Organización ao final da
carreira, deberán facer tamén a súa inscrición no Trail a través de
www.carreirasgalegas.com.
9.- Agasallos: O importe da inscrición levará consigo un seguro de responsabilidade civil e
de accidentes deportivos. Tamén se poderá facer uso de todos os servizos establecidos pola
Organización para os participantes, así como un agasallo conmemorativo para todos/as os/
as participantes inscritos/as.
A non asistencia á proba non implicará a devolución da cota de inscrición.
10.- Recollida dos dorsais: Os dorsais recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00
horas e ata as 10:00 horas no lugar de saída (Granxa do Xesto). Non se entregarán dorsais
despois da hora límite (10:00 horas).
11.- Sinalización: O percorrido estará debidamente sinalizado con carteis indicadores e cintas
de balizamento ben visibles. Existirán referencias quilométricas en certos puntos do percorrido.
12.- Controis: No desenvolvemento da proba a Organización disporá dos controis que estime
oportunos. Omitir ditos controis poderá levar á descalificación do/da atleta.
13.- Avituallamentos: Disporase de, mínimo, 2 puntos de avituallamento máis o de meta. Un
deles será un avituallamento líquido e sólido (auga, froita, etc.) e o outro será só líquido.
14.- Tempos de paso: Nun principio non haberá tempo límite de entrada na meta. En calquera
caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da proba aos corredores/
as que infrinxan as normas da proba, non leven o dorsal regulamentario de forma ben visible na
parte anterior (dianteira) do corpo, desatendan as indicacións dos organizadores ou manteñan
unha actitude pouco deportiva cara o resto dos participantes. A estes efectos, a Organización
ten prevista a participación de corredores que actuarán como peche de carreira e ciclistas
que nalgúns sectores acompañarán á carreira. Todos aqueles/as participantes que se vexan
afectados/as por una decisión de descalificación, deberán facer entrega do dorsal no posto
de control máis próximo e abandonar a proba atendendo ás indicacións dos membros da
Organización.
15.- Dorsal: Todo/a atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente
colocado na zona anterior do corpo (zona próxima ao peito) e en toda a súa extensión, serán
automaticamente descalificados.
16.- Reclamacións: As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse
verbalmente ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da FGA e RFEA en vigor.
17.- Duchas: Haberá servizo de duchas a disposición dos/das atletas no Campo de Fútbol
Municipal de Santa Isabel, aproximadamente a 1 Qm. da saída e meta da carreira.
18.- Reunión informativa: A Organización facilitará os detalles organizativos máis relevantes
na charla técnica que se realizará 5 minutos antes da celebración da proba, na mesma saída.
19.- Medio ambiente: A proba desenvolverase na súa maior parte por paraxes naturais, polo
que será obriga de todos e todas preservar a contorna evitando botar desperdicios fóra das
áreas de control.
A tal efecto colocaranse colectores de lixo ata unha distancia máxima de 100 metros dende o
posto de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos/das
participantes.
20.- Asistencia sanitaria: A Organización disporá de Servizos Sanitarios regulamentarios en
puntos estratéxicos do percorrido. Así mesmo, ofrecerase en meta atención médica para os/as
deportistas que tiveran algunha necesidade excepcional.
21.- Seguridade: A organización resérvase o dereito a desviar a proba por algún percorrido
alternativo e realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes
condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou
por forza maior.
22.- Auxilio en accidentes: A Organización disporá para a realización da proba dunha
Ambulancia con Médico para axudar aos corredores/as que o requiran.
Así e todo, os/as participantes deberán auxiliar aos accidentados que precisen axuda, así como
a informar de calquera contratempo nos controis de paso ou chamando a un teléfono que será
proporcionado pola Organización e que irá serigrafiado no dorsal.
23.- Responsabilidade: A Organización declina toda responsabilidade en caso de perda
dalgún obxecto, ou de neglixencia dalgún participante. Os/as participantes serán responsables
de todo prexuízo que poidan causarse a si mesmos ou a terceiros.
24.- Material recomendable: Trátase dunha proba con circuítos mixtos (terra e asfalto)
denominados Trail ou Carreira de Montaña apta para todos os niveis, e, aínda que non é
excesivamente técnico, recoméndase levar zapatillas técnicas ou, polo menos, con algo de
taco na sola para un mellor agarre.
Aínda que hai dous avituallamentos, é recomendable, para quen o considere oportuno, levar o
seu propio sistema de hidratación (nunca botellas de plástico).
25.- Máis información:
● Blog do Noitebra F.C. (http://noitebrafc.blogspot.com)
● Facebook do Noitebra F.C. (https://www.facebook.com/noitebra.atletismobtt)
● Twiter do Noitebra F.C. (https://twitter.com/Noitebra_FC)
● Carreiras Galegas (http://www.carreirasgalegas.com)
● Federación Galega de Atletismo (http://www.atletismogalego.com)
● Correr en Galicia (http://www.correrengalicia.org)
You´ll never run alone
Última edición por FleKy o Mér, 18 Feb 2015, 20:29; editado 7 veces