Mar, 27 Xan 2015, 23:59
Asunto: Re: Tramposos nas carreiras populares
Paréceme ben a túa denuncia pública respecto a este tema, pero eu nunca publicaría unha mensaxe privada, e menos antes de saber siquera si este tema ten unha solución ou si a denuncia chegou á organización.
Neste caso, quen ten que tomar a decisión de descalificar ou sancionar ós implicados é a organización. Emesports, ChampionChip, Cronotec... simplemente son empresas que poñen os seus medios a disposición de organizadores é arbitros, no caso de probas federadas.
Sinceramente, parece que esta carreira sexa unha mera caza de bruxas.
Eu participei en varias probas cronometradas por Emesports (SinSon, Forcarei, Ames, Negreira...) e esta é a primeira vez que pasa algo similar ó tema dos chips que tanto se está criticando, e en canto o tema dos dorsais, ti mesma o dis, non é a primeira vez que che pasa algo así e nas outras carreiras non estaba Emesports de por medio.
Estou de acordo que estas cousas fastidian, pero aquí ninguen vai a facer marcas para competir nun europeo nin nunha olimpiada e penso que neste caso se está atacando inxustamente. Ninguen é culpable da pouca ou ninguha ética que comparten estes dous elementos.