Mér, 28 Xan 2015, 9:41
Asunto: Re: Tramposos nas carreiras populares
Gustariame deixar claro certas cousas que estades a comentar con toda educación e sen ánimo de molestas a ninguén, por favor.
Primeiro graciñas as persoas que se identifican conmigo e ademais, que contan que lles pasou algo similir, porque esa ela a miña intención.
É a terceira vez que me ocurre e nunca o publiquei nin o fixen ver en ningún foro porque dabame vergonza axea que pasaran estas cousas.
Cando entrei neste foro, estaba enfadada pola contestación que recibin: "de que non se podía facer nada" por iso peguei exactamente as conversacións coa empresa de cronometraxe, para que se vira que a miña intención non era acusar antes de que revisaran a situación.
Eu non quero lapidar a ninguén, de feito, dende o minuto ún tiña a foto de esa persoa có dorsal e non a fixen pública, foi a admin deste foro, que agradezcollo moito, quen puso a foto do dorsal, e que tivo a cautela de non enseñar o rostro.
Pode ser que ésta persoa non tivera a intención de engañar, pode ser....
pero non debería volver a ocurrir.
Aínda non se puso ninguén da organización en contacto conmigo. Seguiremos esperando.
Graciñas a todos por escoitarme.
Moita enerxia.