Mér, 08 Ago 2007, 15:57
Asunto: CARREIRA POPULAR EN NOIA
CARREIRA POPULAR PEDESTRE "NOIA 2007"
O CLUB ATLETISMO NOIA, xunto co CONCELLO DE NOIA, organizan o sábado 25 de agosto de 2007 as 19.00horas, a Carreira Popular Pedestre "NOIA 2007", con saída e chegada na Alameda de Noia, discorrendo por terreo asfaltado.
DATOS DA PROBA
1. Poderán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados.
2. CATEGORÃAS (feminina e masculina):
- CHUPETE: nacidos no 2002 e posteriores
- PITUFO: nacidos no 2001-2000
- BENXAMÃN: nacidos no 99-98
- ALEVÃN: nacidos no 97-96
- INFANTIL: nacidos no 95-94
- CADETE: nacidos no 93-92
- XUVENIL: nacidos no 91-90
- XUNIOR: nacidos no 89-88
- PROMESA: nacidos no 87-86 -85
- SENIOR: de 23 a 34 anos
- VETERANS A: 35 A 41 anos
- VETERANS B: 42 anos en adiante
3. HORARIOS e DISTANCIAS:
18:30*h *CHUPETE (100 metros)
18:30*h *PITUFO (100 metros)
19:00*h *BENJAMÃN (3000 metros).
19:00*h *ALEVÃN (3000 metros).
19:00*h *INFANTIL e CADETE(3000 metros).
19:00*h *XUVENIL . (8000 metros).
19:00*h *SENIOR-JUNIOR.-PROMESA.-VETERANS (8000 metros).
ENTREGA DE TROFEOS E SORTEOS UNHA VEZ FINALIZADA A PROBA
4. INSCRICIÃ?NS
Admitiranse inscricións ata o trinta minutos antes do comenzó da proba no correo electrónico: carreirapopular @ clubatletismonoia.com e na páxina web
www.clubatletismonoia.com indicando os seguintes datos:
nome e apelidos:
data de nacemento:
club :
localidade de procedencia:
5. PREMIOS e OBSEQUIOS:
- Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados da Xeral
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo desde Benxamín a Veterans
- Medallas para todos os participantes das categorías Chupete e Pitufo.
- Camiseta conmemorativa .
- Bebidas ao termo de cada proba.
- Os premios non son acumulativos.
6. A organización non se fai responsable dos danos físicos e/ou materiais que a se mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.
7. Dado o carácter estritamente popular e deportivo desta proba non se admitirán reclamacións, esperando dos participantes, o mellor espírito deportivo para o ben de todos.
8. A participación nesta carreira leva implícito a total aceptación do Regulamento desta proba
Última edición por CLENER o Mar, 21 Ago 2007, 0:05; editado 2 veces