URKO escribió: |
Podo entender o malestar da xente que, pensando que remataba o 27 non se apuntaron hasta o último día, pero por outro lado, tamén penso: para que se parten os cornos os organizadores facendo un regulamento que especifique tódolos datos, colgando a información na súa web, actualizándoa case cada día, colgando fotos, videos, planos...?? Porque hai moita xente que se curra as súas webs... e os de arousa.com son uns deles!!! |
j.p.n escribió: |
Ola! É a primeira vez que vou participar neste Trail, e uería preguntarvos, cal é a mellor opción para ir dende Carballo. Se vou dirección Noia,lévame sobre unha hora chegar a Portosín. Hai moita distancia dende Portosín ata a Capela? É recomendable coller a autopista ata Padrón e enlazar ata Ribeira? Grazas e noraboa pola iniciativa. |
koala36 escribió: |
Eu non sei o resto da xente, pero eu cando miro os plazos de inscripcion fago no calendario e non ando polos foros adiante repasando as paxinas haber que fechas poñen. Creo que o primeiro seria actualizar ali a fecha e despois se o querias facer no post da carreira pois tamen me parece correcto. As cousas teñen unha lóxica e creo que o mais lóxico sería facelo asi. Por outro lado o que das a entender coa tua explicación e que a xente se anote para reservar plaza, despois se non se vai non pasa nada. Pois ben, eu prefiero estar seguro de poder ir para anotarme e non facerlle ver os organizadores que teñen moita xente inscrita e despois que un tanto por cento deses inscritos non van. E xa por ultimo, imaxino que eres membro da organización. Pois se asi é, ti mesmo reconoces que tiveches un fallo o non actualizar a fecha no calendario, pois ben, si o fallo foi da organización creo que non seria moito pedir que 5 ou 6 personas que se quedaron sin poder inscribirse o poidesen facer un dia despois de cerrada a inscripcion e quedabades de P.M. Xa que non é asi, pois nada, que todo vos salga moi ben e que a xente disfrute da proba. Saludos. |
Edu_Iglesias escribió: | ||
Sí, estas no certo: nas nosas carreiras podes anotarte, e si un día ou dous antes de pechar o plazo non estás pagado mandámosche un correo recordando que o tes pendiente (incluso nas que se limitan o número de participantes, abrimos unha listaxe de reservas) para que podas facelo ou rexeitalo. Si non o fas nese prazo, elimínaseche do listado. Asumo o erro de non rectificalo aquí, xa o dixen no post anterior. E creeme si damos entrada a todos os emails, chamadas, mensaxes polo facebook, e whatsapps que recibimos, non serían 5 ou 6, plantábamonos nos 400 participantes. E por último, si no calendario puxen que a páxina web oficial era www.arousa.com era para que @s interesad@s tiveran información de primeira man, máis completa, e máis actualizada (o evento colgouse no calendario bastante antes que na web); para eso poñemos empeño en que a web teña a máxima información posible. |
CesGti escribió: |
o final cantos somos po domingo?? porque non sei eu si daremos estirado o grupo antes da primeira baixada brava. |