Xov, 29 Xan 2015, 12:51
Asunto: Re: Tramposos nas carreiras populares
Cando decidín facer público no foro a miña experiencia, sabía que me expollía a toda clase de críticas.
Aínda que non estou dacordo con todo o que se dixo aquí, todas as opinións son moi respetables.
Non dúbido, Doctorslump e Admin.,que do que contades deste chico Oscar, o implicado, sexa certo, que non era a súa intención facer trampas, pero as fixo porque eu non puiden recoller un premio que me pertenecia, e sí sei, que eu non fixen trampas, que eu paguei os meus 9€ de inscripción e de que fixen un tempo de 42:15. Alicia non correu, non fixo un tempo de 40:27.
Fixen público este tema porque é a terceira vez que me pasa.
Neste caso eu tiven que descubrir a trampa porque emesport, no primer correo, que o tedes publicado aquí no foro, díxome que non había nada que facer, que o sentían moito. Eu envieilles a foto onde aparecía o dorsal 418 có nome dun chico.
A miña pregunta é, ¿si eu non o fago público, resolveríase o tema?