Xov, 05 Feb 2015, 18:31
Asunto: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)
Trail de Couso - Aguiño
Día: 1 de Marzo de 2015 (prazo inscrición do 5 ao 22 de febreiro)
Hora: 11:00 h.
Distancia: 12 km.
Saída e chegada: Merendeiro de Couso - Aguiño (Ribeira)
Duchas: Polideportivo da Fieiteira
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira, Escuela de Boxeo El Canario, Natural Outdoor-Atletas Caninos
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
www.arousa.com
Custo da inscrición: 7 €
Páxina web oficial:
www.arousa.com
E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono: 638811000
O Trail de Couso é a proba debutante no circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2015; pero non por iso vai ter menos relevancia que as máis veteranas.
Couso, franqueado polo Arquipélago de Sálvora ao sur, e polo Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán ao Norte, conforma un conxunto costeiro con multitude de tramos moi dispares. Pasaremos da area da praia a bosques de piñeiros en apenas cen metros, de saltar e sortear xigantescas rochas graníticas a escapar dos salseiros do mar, e dun percorrido que se aventura sen desnivel a forzarnos coma se o tivera.
Couso ofrece a máxia do Home de Sagres, do Porto Fenicio, das Praias de Areabasta e da Muralla, e dos xigantes rochosos de Punta Couso.
A cronometraxe electrónica facerano a xente de GALITIMING.