Mér, 11 Feb 2015, 22:09
Asunto: Re: Carreira Popular Xinzo de Limia (1/03/2015)
Estamos nelo. Faltan algúns temas que concretar coa Federación e con patrocinadores e publicaremos o regulamento e abriremos inscricións.
Podemos adiantar que haberá novos percorridos, tanto para escolares como para a carreira absoluta.
Mantéñense os 10 km, pero serán en tres voltas, para evitar a zona mais afastada do pobo (A Moreira). Hoxe mesmo estivemos medindo o percorrido cun odómetro, para clavar os 10 km da carreira.
Outro ano mais, as categorías escolares serán por ano de nacemento (non cada dous anos), para incentivar a participación dos mais novos e repartir mais premios entre eles.
Un pouco de paciencia, que ainda que estamos en entroido, hai xente traballando para que o día 1 de marzo esté todo listo.