Ven, 30 Out 2015, 7:39
Asunto: Re: 10K Parque A Canuda - Salvaterra de Miño (15/02/15)
Comunicado da organización 10K Parque a Canuda
Dende a organización da 10K Parque A canuda de Salvaterra levamos uns meses tratando de organizar a que sería a 10K do vindeiro ano 2016, para iso habíamos decidido darlle un plus a unha carreira con gran potencial pola zona e a gran afección que temos en Galicia e concretamente na nosa comarca, de onde levan saído e saen grandes corredores. Por todo isto e coa idea de de chegar a ser unha carreira de renombre no tempo, buscamos a colaboración do Club Atletismo A Canuda de Salvaterra, para que nos axudase a conseguilo e decidimos buscar entre todos un circuito mais atractivo que perdurase no tempo e porqué non que poidese chegar a ser “a 10K mais rápida de Galicia”, ¿Cómo íamos a conseguilo? Pois unindo os concellos de As Neves e Salvaterra cun percorrido claramente rápido e ideal para bater marcas, asequible para os populares e con un atractivo que faría desta proba unha data sinalada o igual que algunas das mais importantes de Galicia, co aliciente de que pola nosa sitición estratéxica o norte de Portugal atrae multitude de afeccionados do país luso no que tantos e tan bos corredores hai. Unha vez que temos a idea clara e consensuada co club, con atletas e afeccionados en xeral, buscamos axuda e colaboración para levar a bo fin un proxecto cremos que prometedor, conseguimos que o banco que nos patrocinou na primeira edición nos seguise apoiando económicamente así como compañías de seguros e entidades privadas. Ademais pedímos colaboración os concellos polos que discorre a proba (As Neves e Salvaterra de Miño) e é aquí é onde xurdiron os problemas. Por parte do concello de As Neves (e sempre co seu alcalde a cabeza) nos ofreceron colaboración sen demasiadas trabas e sempre con resposta rápidas e claras e que dentro das suas posibilidades colaboración total e absoluta algo de agradecer xa que o groso da proba e dos beneficios que poida traer esta proba para o pobo tendo alí a saída ían ser inferiores os que poidera obter Salvaterra tendo a meta. Por parte do concello de Salvaterra que é de onde somos e onde se realiza o groso da proba, sempre tivemos aberta a colaboración pero a hora de profundizar na aportación económica xurden os problemas. Este evento que na súa primeira edición contou con 1044 inscritos (entre todas as categorías e a andaina), superando todas as nosas expectativas. O día da proba deronse cita en Salvaterra mais de 2000 persoas, algo que cremos que para un pobo como o noso é un evento a ter MUY EN CONTA. Para esta nova edición baraxábamos un presuposto duns 10000/12000€, unha cifra non mui elevada para un evento deste calibre que quere promocionar o seu pobo e facer algo importante para Salvaterra onde non existe ningún otro evento de este tipo e nivel, un evento que se promociona durante meses nas redes sociais, televisión, radio, o boca a boca e indo a levar cartelería a moitas das populares que se celebran en Galicia e no norte de Portugal, promocionando un evento para o teu pobo e pondo toda a ilusión para que sexa un éxito. Dito isto queremos dicir que a colaboración por parte do Concello de Salvaterra básase en cubrir unha das dúas ambulancias e se non e moi excesivo parte da factura de un autobús para trasladar os corredores dende a Salvaterra a saída no concello de as Neves, e sempre sin aportación económica directa, algo que o contrario de outros eventos que se celebran neste concello SI SE FAI e nunha cuantía superior a que a nos se nos ofrecería, ademáis serían ORGANIZADORES E ENTREGARIAN O TROFEO O GAÑADOR DA PROBA. Hasta este punto aceptábamos a colaboración para a nosa proba a costa de buscarnos a vida intentando atopar o groso do presuposto para completalo e non ter que poner nos diñeiro do noso bolsillo aparte do noso traballo que realizamos porque nos gusta e sen recibir nada a cambio, incluso as veces aguantando as críticas que ainda que constructivas non sempre por culpa nosa.
A onde queremos chegar con todo este tostón?, pois que durante estas últimas semanas nas que estivemos buscando presupostos aquí e alá, facémonos eco de certos comentarios por parte de algún representante do concello de Salvaterra cos cales nos habíamos falado, dicindo que NON LLES PARECÍA MOI SERIO NIN FIABLE O QUE INTENTABAMOS ORGANIZAR e FALARON CON OUTRA XENTE AS NOSAS COSTAS PARA QUE ORGANIZASEN ELES A PROBA despois de levar nos xa unha edición e moitas horas de traballo e tempo detrás, algo que nos podían haber dito nas reunións que tivemos e evitamos todo esto e o tempo invertido en buscar presupostos e molestando os colaboradores.
Polo tanto e para non enredar mais o tema esta organización decide NON ORGANIZAR A PROXIMA 10K 2016. Creemos que se nos menosprezou e que ademáis non se nos apoia suficientemente para realizar un evento con todo o esforzo e traballo que isto conleva para levalo adiante, para que outros se beneficien da foto o día da carreira.
Sentímolo moito por todos os que tedes o igual que nos depositadas moitas esperanzas e ilusións ou tan só vos gusta disfrutar deste deporte no teu propio pobo, esperamos que nos entendades e que o igual que nos con moito traballo e trabas fomos quen de conseguir facer unha 10K en Salvaterra, veñan outros coas mesmas ganas ou mais que nos e o consigan.
GRACIAS