Mér, 18 Feb 2015, 13:53
Asunto: IV Cross Río Liñares (A Estrada) 14/03/15
O Concello da Estrada, organiza o vindeiro sábado día 14 de marzo a partir das 16 horas, o IV Cross Rio Liñares, carreira puntuable para o III Circuito Corre A Estrada Corre.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 9.000 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos:
un de 400 metros (Circuito A) e outro de 3.000 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
/ Regulamento completo do Cross de Liñares