Dom, 22 Feb 2015, 17:05
Asunto: Re: VII Medio Maratón CORUÑA21 (22/02/15)
Antes de nada felicitar a organización e voluntarios, moi ben todo en xeral.
Respecto ao circuito, eu só corrín a edición do ano pasado, e sinceramente un percorrido moito máis rápido.
Creo que este non lle aportou máis que dureza e nalgunha parte unha boa vista, xa que en liñas xerais o público brilou pola sua ausencia.
E a saida e chegada moito máis espectacular onde o ano pasado, ainda que para min debería rematar na praza de María Pita.
Respecto a miña carreira, bastante ben para o que estou adestrando, ainda que ia ca idea de baixar ben de 1h29' e acercarme a 1h28', non tiven o meu día e traballo me costou facer 1h29'01 neto. A parte dun pinchaziño nos isquios, que é o que máis rabia me da.
Un saudo.