Xov, 26 Feb 2015, 17:04
Asunto: Re: XVI VIG-BAY (22/03/2015)
JacoboDC escribió: |
Bastiagueiro escribió: |
Aínda haberá que desculparse por pedir medalla finisher
Cada un expresará o que lle apeteza ou o que lle gustaría que houbese. Se ás carreiras só fórades os "PROS", non habría premios nin patrocinadores porque non se vendería publicidade, así que o respeto debe existir igual para o que queda de primeiro como para o que queda de último.
Sobre o tema do avituallamento post carreira, na C21 daban unha bolsa e ías pasando con ela por unha barra onde te poñían na bolsa o que te correspondía, e así garantíase que todos puideran ter acceso ao mesmo. |
Volve ler os meus comentarios,e disme exactamente onte lle faltei ao respecto a alguén.
Eu non me considero "PRO" no atletismo como dis ti. Considerome "PRO" no meu traballo que,ata o de agora,é como me gano a vida.O deporte é unha afección. So opino que si comezan a dar medallas por todo, a onde imos parar? Chegará un punto que mudarán de dar a camiseta a dar unha medalla,e que faremos con ela? Pois a caixa, antes coleccionabanse camisetas,agora medallas. Respeto tanto ao vecedor das probas coma ao último participante,e ás veces aseguroche que se leva máis aplausos o último que o primeiro. E ese si que é un gran recoñecemento. |
Jacobo, daste ti por aludido. Non te preocupes, a miña crítica pretende ser constructiva, e non digo que ninguén faltase ao respeto, pero certo é que as veces un comentario mordaz é mais ofensivo que un insulto, como iso que decía alguén de que xa que estamos que deran medalla starter antes de empezar. Iso é un xeito indirecto de decir outra cousa.
Pero penso que é moi respetable que a xente pida medalla finisher. A min tamén me gusta e a pido. Depois o concederán ou non segundo a economía e o número de solicitantes.
Non critico o tema dos cartos porque se eu me metese a organizar unha proba tan grande como a Vig-Bay tamén querría remuneración, pois non é un tipo de proba que organices en un ratiño, precisas adicarlle tempo. Seguro que a maioría preferimos ter probas dese precio a non ter probas.
Ata se me ocurre que poden poñela opcional, camiseta ou medalla, e así a organización non ten moito mais gasto, poderíase picar na inscripción ata unha data concreta. Os últimos terían que conformarse co que houbese.
E reitero un saúdo a todos vós, para min sodes compañeiros, non enemigos, así que non vexades críticas persoais nos comentarios se non aportacións.