Ven, 27 Feb 2015, 16:21
Asunto: Re: XVI VIG-BAY (22/03/2015)
Charlyadhuso escribió: |
Que paren los listos de criticar lo de las medallas, hay mucho profesional sobrado de medallas.Como si correr una 21 k fuera tan facil. |
Parece que hai xente empeñada en polemizar sempre ca Vig-Bay, esta semana corremos 2500 persona na media de Coruña e non saleu o tema da medalla.
Tamén lle podes dar a volta a tortilla e dicir que hai moita xente que non está preparada para correr unha media maratón, e bótase a aventura; polo cal pasa un gran sufrimento e dor e cree que por eso merece unha medalla.
Eu non me considero ningún profesional, máis que do meu traballo e levo 85 medias maratóns en pouco máis de 10 anos. (Nalgunhas sufrín coma un can e noutras leveino mellor) e non me considero nen un superhome nen un "finisher".
E déronme unhas cantas medallas nalgunhas medias ao rematar. E ao final pasa igual que cas camisetas, acabas amontonadoas sen máis.
Eu teñoas nunha caixa de plástico e para alí van.
Se as organizacións as queren dar, pois moi ben, pero andar reclamandoas por aquí como algo transcendental por rematar, paréceme exagerado, (supoño que será xente que fai as suas primerias medias) pero cada un é como é. Uns damoslle valor a unhas cousas e outros a cousas diferentes.
Para cambiar de tema recordar que dentro de catro días; o día 3 remata o prazo de 20€ de inscripción. Neso si que temos que estar todos de acordo en que non hai que deixalo pasar.