Dom, 01 Mar 2015, 16:13
Asunto: Re: II Trail Andaina Polas Cabeceiras do Anllóns, Laracha 1
Pois nin me enterei dese erro (e coma min imaxino que a inmensa maioría de participantes jeje). A verdade é que ese tramo do paseo era esvaradizo pero bueno, é un aliciente máis da carreira, non? Que se trataba dun tramo perigoso se non ías con coidado? Pois si, pero bueno, se nos poñemos así tamén quitamos todalas baixadas e en vez dun trail quédanos unha carreira das típicas. Agora entendo a mensaxe do speaker cando dicía, na charla antes de empezar a carreira, que había unha tela para non esvarar jaja; cando a atravesei alá polo km 21 xa pensaba para os meus adentros "para que a poñerán xusto ao final cando vas tan queimado que por alí, do amodo que vas, é imposible esvarar e sen embargo non a había ao principio, cando todos íamos "ben" (km 2 mais ou menos...) e nun tramo moito máis longo?". Bueno, pois duda aclarada
Por min, por suposto, estades máis que desculpados, tanto vos como o policía que se trabucou.