Foros ›
Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Percheron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/03/13
2 Carreiras
32 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 18:49
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

URKO escribió:
Pois pregunta por pregunta, como bo galego: por qué son incompatibles ambas accións??

Urko, obviamente son compatibles, sempre que se fagan ben. Igual que é compatible o tráfico rodado e o peonil, sempre obviamente que os coches non se suban polas aceras...

É sinxelo: se tes unhas floreciñas pequeniñas, discretas, de apenas 10 cm de alto, nun dos últimos sitios DO MUNDO no que aínda persisten, apenas un puñado, ou se tes nese mesmo sitio unha flor doutra especie, UNHA, a ÚNICA que queda en toda Galicia, e pos a uns centos de persoas a transitar pola zona, non é demasiado complicado darse conta de que cada floreciña desas pisada será unha floreciña menos a nivel MUNDIAL desa especie tan ameazada. E se esa pisada é sobre esa única flor da segunda especie, pois estaremos falando simplemente da súa desaparición para sempre en Galicia, despois de milleiros de anos entre nós. ti es capaz de garantir ao 100% que non vas pisar nin unha soa flor ao longo de todo un trail?. Supoño que non... pois daquela penso que non é tan complicado comprender que non pasa absolutamente nada por variar algo un percorrido para evitar aínda que haxa unicamente un 1% de risco de que sexan pisadas. Ímolo pasar igual de ben, ou non?

Valoro, recoñezo e agradezo o esforzo da xente que altruistamente gasta o seu diñeiro e tempo en organizar cousas para que os demais o pasemos ben, no ámbito que sexa, e sei que a maioría de runners son xente respetuosa. Pero hai que asumir que estamos a falar por un lado de OCIO, e por outro lado da conservación dun PATRIMONIO COMÚN de toda a sociedade.

smsamp escribió:
Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar.

Coñezo Couso, e sei como está. Pero non ten nada que ver co que estamos a falar. A min persoalmente a miña ética impediríame roubarlle un caramelo a un neno e xustificarme en que Bárcenas rouba moito mais... non sei se me explico. Un trail e todo ese outro tipo de impactos son escalas distintas, obviamente, pero cada un de nós temos a nosa responsabilidade, e sinceramente algunhas das posturas que se adoitan escoitar en temas como estes, similares á túa, non me parecen outra cousa que egoístas e irresponsables.

E é mais: falar das naves, depuradora e demais é en parte manipular, xa que estamos falando de lugares distintos... todo iso está preto, pero non alí. Non se modificou o trazado na zona das naves, modificouse nuns lugares moi concretos, moi pequenos e singulares, e que forman parte da Rede Natura e dun Parque Natural, é dicir: lugares concretos que toda a sociedade chegou ao consenso de que hai que protexer por enriba de todo. E neste senso, os organizadores de probas, todos, deben saber que se van pasar por espazos naturais protexidos están obrigados legalmente a solicitar autorización, para evitar estes sustos de última hora. E case nunca se fai, tamén hai que dicilo (e mais sangrante no caso de organizacións profesionais...)

En todo caso podes estar seguro de que nas zonas "prohibidas" nin hai, nin haberá, naves, fábricas, nin depuradoras. Así que esa excusa non vale. E se algún día ves quads, o teu deber como cidadán é chamar ao Seprona e denuncialos, igual que fan os que ti tachas de hipócritas.

Un saúdo e parabéns aos participantes, que son os que menos culpa teñen de todo, e que ao fin e ao cabo seguro que o pasáchedes igual de ben, que as cousas son moito mais sinxelas do que ás veces as queremos facer Guiño
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 19:36
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

curioso xa que sale este tema o que se vai facer en cangas talando árbores nun parque natural a diestro e siniestro.
Espero que se faga algo o respecto.

www.facebook.com/arace...3571789854

www.farodevigo.es/port...90253.html

www.facebook.com/event...pe=regular
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 21:26
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

smsamp escribió:
Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar.
Neste caso particular a min paréceme que a defensa da natureza é pura hipocresía.

+1,+1 , +1 Guiño
ivanricogomez

Novo foreiro
Novo foreiro
2/02/15
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 21:37
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Muy bueno!!! enhorabuena a la organización... ,,fue mi segundo trail y me lo pase genial....
y las duchas con agua caliente !!!! Aplauso !pena de lluvia pero aun asi el entorno es envidiable--- Bailar Bailar
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 21:55
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Percheron escribió:
URKO escribió:
Pois pregunta por pregunta, como bo galego: por qué son incompatibles ambas accións??

Urko, obviamente son compatibles, sempre que se fagan ben. Igual que é compatible o tráfico rodado e o peonil, sempre obviamente que os coches non se suban polas aceras...

É sinxelo: se tes unhas floreciñas pequeniñas, discretas, de apenas 10 cm de alto, nun dos últimos sitios DO MUNDO no que aínda persisten, apenas un puñado, ou se tes nese mesmo sitio unha flor doutra especie, UNHA, a ÚNICA que queda en toda Galicia, e pos a uns centos de persoas a transitar pola zona, non é demasiado complicado darse conta de que cada floreciña desas pisada será unha floreciña menos a nivel MUNDIAL desa especie tan ameazada. E se esa pisada é sobre esa única flor da segunda especie, pois estaremos falando simplemente da súa desaparición para sempre en Galicia, despois de milleiros de anos entre nós. ti es capaz de garantir ao 100% que non vas pisar nin unha soa flor ao longo de todo un trail?. Supoño que non... pois daquela penso que non é tan complicado comprender que non pasa absolutamente nada por variar algo un percorrido para evitar aínda que haxa unicamente un 1% de risco de que sexan pisadas. Ímolo pasar igual de ben, ou non?

Valoro, recoñezo e agradezo o esforzo da xente que altruistamente gasta o seu diñeiro e tempo en organizar cousas para que os demais o pasemos ben, no ámbito que sexa, e sei que a maioría de runners son xente respetuosa. Pero hai que asumir que estamos a falar por un lado de OCIO, e por outro lado da conservación dun PATRIMONIO COMÚN de toda a sociedade.

smsamp escribió:
Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar.

Coñezo Couso, e sei como está. Pero non ten nada que ver co que estamos a falar. A min persoalmente a miña ética impediríame roubarlle un caramelo a un neno e xustificarme en que Bárcenas rouba moito mais... non sei se me explico. Un trail e todo ese outro tipo de impactos son escalas distintas, obviamente, pero cada un de nós temos a nosa responsabilidade, e sinceramente algunhas das posturas que se adoitan escoitar en temas como estes, similares á túa, non me parecen outra cousa que egoístas e irresponsables.

E é mais: falar das naves, depuradora e demais é en parte manipular, xa que estamos falando de lugares distintos... todo iso está preto, pero non alí. Non se modificou o trazado na zona das naves, modificouse nuns lugares moi concretos, moi pequenos e singulares, e que forman parte da Rede Natura e dun Parque Natural, é dicir: lugares concretos que toda a sociedade chegou ao consenso de que hai que protexer por enriba de todo. E neste senso, os organizadores de probas, todos, deben saber que se van pasar por espazos naturais protexidos están obrigados legalmente a solicitar autorización, para evitar estes sustos de última hora. E case nunca se fai, tamén hai que dicilo (e mais sangrante no caso de organizacións profesionais...)

En todo caso podes estar seguro de que nas zonas "prohibidas" nin hai, nin haberá, naves, fábricas, nin depuradoras. Así que esa excusa non vale. E se algún día ves quads, o teu deber como cidadán é chamar ao Seprona e denuncialos, igual que fan os que ti tachas de hipócritas.

Un saúdo e parabéns aos participantes, que son os que menos culpa teñen de todo, e que ao fin e ao cabo seguro que o pasáchedes igual de ben, que as cousas son moito mais sinxelas do que ás veces as queremos facer Guiño

Permíteme, con toda a "cortesía" da que dispoño, respostar a este comentario.....e a algún mais, dos que tes feito ao respecto : PUT.. HIPOCRESIA¡¡¡
Basta xa de tanta palabrería opaca e traslúcida.
Que carall...estades a falar de coidados da natureza, de coidado das plantiñas pequeñas e demais chorrad...s ...en contra nosa ( do MAIS GRANDES coidadores da naturaleza )
En Couso pasaríamos a una porrada de metros de distancia de donde se atopan as "plantiñas Pequenas" como ti as chamas, e aindaasí estades a facer fume....jod..r
Basta xa ...
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 01 Mar 2015, 22:20
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

bueno, pareceme unha autentica paxarada prohibir o trazado orixinal desta carreira alegando que é por protexer nada,cando porahi pasa xente a diario,e a moitos sitios chegan os coches.
e mais,nunha zona de area vin unha crono de motos,casi nada!!!

respecto a carreira.
resultame dificil chamala TRAIL cando realmente era un cross a saco paco,pero tendo que modificar todo de ultima hora bastante fixo esta xente desbrozando e abrindo camiños novos.

deixando o trazado aparte porque non se podia facer gran cousa.
a organizacion,señalizacion,e avituallamento final foron perfectos.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mar 2015, 9:02
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Bo día.

Como coñecedor de primeira man do tema de modificar o percorrido, comentar que no trazado orixinal buscábase darlle ese punto de trail que CesGti botou en falta e que si o probou según o track sabe que estaba máis nese punto.

Sobre a reclamación dos ecoloxistas: é certo que en canto colgamos o track contactaron con nós ata tres asociacións para indicarnos non só sobre as especies vexetais protexidas, senon doutras especies (anfibios, e aves, principalmente). Mantiven unha xuntanza ca persoa na que delegaron a representación e modifiquei o percorrido consensuado con el e coincidindo en que son compatibles unha cousa ca outra, e que a posta en valor de determinadas zonas axuda a protexelas. Coñecer o entorno costeiro de Couso (ainda que sexa de "paso") por sendeiros nos que transitan pescadores, mariscadores, coches, motos, e se practica a caza e o adestramento de cans, coido que pode axudar a que a xente distinga entre unhas actividades e outras.

Pero non hai problema!! Os que non quixeron nin oir falar de modificacións de percorrido, aleccionar en lugar de sancionar, e mentir en lugar de contar verdades; comprobarían que a carreira fíxose sin a mínima intención de perxudicar nin a persoas, nin animais, nin prantas. E sacamos INTEGRAMENTE o percorrido da Rede Natura 2000, tal e como comprobaron os técnicos de medioambiente que se achegaron ata alí.

Gracias aos participantes que sempre entenden estes cambios.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mar 2015, 9:23
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Xa tedes as clasificacións na web: www.arousa.com
sisi83

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/04/13
1 Carreiras
205 Mensaxes
corrubedo
Respostar citando Envío Lun, 02 Mar 2015, 10:16
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

estubo moi ben noravoa
isabel_G21

Novo foreiro
Novo foreiro
22/01/15
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Mar 2015, 12:14
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Supongo que fotiños inda non temos...
Eu quedei ben contenta co día de onte. Xa me estreei como boa trailera (batendo contra o chan) así que, carreira ben completiña. Con ganas de hincarlle a dentada o Desafío Oia de fin de mes (coa Vig-Bay de por medio).

Noraboa a organización. Os bocatines de nutella... insuperables!!!! Sorriso

Aquí no se rinde nadie!
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Mar 2015, 19:12
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

As fotos ca choiva que caeu, non sairon ben. Ainda que no noso feisbuk compartimos unha galería de Natalia que tiña unhas 700 boas fotos.
Percheron

Novo foreiro
Novo foreiro
22/03/13
2 Carreiras
32 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Mar 2015, 22:06
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Xalma escribió:
Permíteme, con toda a "cortesía" da que dispoño, respostar a este comentario.....e a algún mais, dos que tes feito ao respecto : PUT.. HIPOCRESIA¡¡¡
Basta xa de tanta palabrería opaca e traslúcida.
Que carall...estades a falar de coidados da natureza, de coidado das plantiñas pequeñas e demais chorrad...s ...en contra nosa ( do MAIS GRANDES coidadores da naturaleza )
En Couso pasaríamos a una porrada de metros de distancia de donde se atopan as "plantiñas Pequenas" como ti as chamas, e aindaasí estades a facer fume....jod..r
Basta xa ...

Vale, na pregunta que facía, ti posicionaste claramente a favor do teu interese persoal en contra do interese xeral. Perfecto, estás no teu dereito. Solo te vou dicir unha cousa: no de "os mais grandes coidadores da natureza" vas ter que poñerte á cola detrás de cazadores, pescadores, terratenentes, etc etc. Xa que empregas o mesmo argumento que eses mesmos colectivos, que sepas que o teñen pedido antes...

O Trail sacouse de Rede Natura tal e como explicou o organizador uns mensaxes mais arriba (actuando exemplarmente), eliminouse o posible impacto e punto, todos tan contentos, ou non o pasaches igual de ben?. Iso é o que se chama "compatibilizar". Tanto te costa entendelo? Eu penso que é iso, non entendiches nada. Pois daquela o que ten un problema es ti, por moito que te mole defenderte (non sei de qué, excusatio non petita...) insultando e disparando a diestro e siniestro. Un hipócrita saúdo.
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mér, 04 Mar 2015, 9:51
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Animo Edu Iglesias,ainda non sei como hai xente con vontade de organizar carreiras vendo estas cousas,repito,gracias por seguilo facendo.
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 04 Mar 2015, 14:05
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

Percheron escribió:
Xalma escribió:
Permíteme, con toda a "cortesía" da que dispoño, respostar a este comentario.....e a algún mais, dos que tes feito ao respecto : PUT.. HIPOCRESIA¡¡¡
Basta xa de tanta palabrería opaca e traslúcida.
Que carall...estades a falar de coidados da natureza, de coidado das plantiñas pequeñas e demais chorrad...s ...en contra nosa ( do MAIS GRANDES coidadores da naturaleza )
En Couso pasaríamos a una porrada de metros de distancia de donde se atopan as "plantiñas Pequenas" como ti as chamas, e aindaasí estades a facer fume....jod..r
Basta xa ...

Vale, na pregunta que facía, ti posicionaste claramente a favor do teu interese persoal en contra do interese xeral. Perfecto, estás no teu dereito. Solo te vou dicir unha cousa: no de "os mais grandes coidadores da natureza" vas ter que poñerte á cola detrás de cazadores, pescadores, terratenentes, etc etc. Xa que empregas o mesmo argumento que eses mesmos colectivos, que sepas que o teñen pedido antes...

O Trail sacouse de Rede Natura tal e como explicou o organizador uns mensaxes mais arriba (actuando exemplarmente), eliminouse o posible impacto e punto, todos tan contentos, ou non o pasaches igual de ben?. Iso é o que se chama "compatibilizar". Tanto te costa entendelo? Eu penso que é iso, non entendiches nada. Pois daquela o que ten un problema es ti, por moito que te mole defenderte (non sei de qué, excusatio non petita...) insultando e disparando a diestro e siniestro. Un hipócrita saúdo.

Percheron....NON CAMBIES, sigue sendo TI..... e pensando igual !!

Eu ferei o mesmo !!

Un saludo Guiño
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 04 Mar 2015, 14:08
Asunto: Re: Trail de Couso - Aguiño (01/03/2015)

mario.R escribió:
Animo Edu Iglesias,ainda non sei como hai xente con vontade de organizar carreiras vendo estas cousas,repito,gracias por seguilo facendo.

+10





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos