URKO escribió: |
Pois pregunta por pregunta, como bo galego: por qué son incompatibles ambas accións?? |
smsamp escribió: |
Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar. |
smsamp escribió: |
Percherón non sei de ónde es. Pero Couso é unha zona industrial, onde están moitas das fábricas de Riveira cos seus tubos e cheiros, ahí vaise instalar a depuradora. Nese paraxe ademáis está permitida a actividade da caza e da pesca (de caña e máis submarina), pasa todo cristo polos seus sendeiros, e eu que vou correr de vez en cando por ahí suelo atopar 4x4 nas zonas nas que a nós nos prohibiron pasar. Neste caso particular a min paréceme que a defensa da natureza é pura hipocresía. |
Percheron escribió: | ||||
Urko, obviamente son compatibles, sempre que se fagan ben. Igual que é compatible o tráfico rodado e o peonil, sempre obviamente que os coches non se suban polas aceras... É sinxelo: se tes unhas floreciñas pequeniñas, discretas, de apenas 10 cm de alto, nun dos últimos sitios DO MUNDO no que aínda persisten, apenas un puñado, ou se tes nese mesmo sitio unha flor doutra especie, UNHA, a ÚNICA que queda en toda Galicia, e pos a uns centos de persoas a transitar pola zona, non é demasiado complicado darse conta de que cada floreciña desas pisada será unha floreciña menos a nivel MUNDIAL desa especie tan ameazada. E se esa pisada é sobre esa única flor da segunda especie, pois estaremos falando simplemente da súa desaparición para sempre en Galicia, despois de milleiros de anos entre nós. ti es capaz de garantir ao 100% que non vas pisar nin unha soa flor ao longo de todo un trail?. Supoño que non... pois daquela penso que non é tan complicado comprender que non pasa absolutamente nada por variar algo un percorrido para evitar aínda que haxa unicamente un 1% de risco de que sexan pisadas. Ímolo pasar igual de ben, ou non? Valoro, recoñezo e agradezo o esforzo da xente que altruistamente gasta o seu diñeiro e tempo en organizar cousas para que os demais o pasemos ben, no ámbito que sexa, e sei que a maioría de runners son xente respetuosa. Pero hai que asumir que estamos a falar por un lado de OCIO, e por outro lado da conservación dun PATRIMONIO COMÚN de toda a sociedade.
Coñezo Couso, e sei como está. Pero non ten nada que ver co que estamos a falar. A min persoalmente a miña ética impediríame roubarlle un caramelo a un neno e xustificarme en que Bárcenas rouba moito mais... non sei se me explico. Un trail e todo ese outro tipo de impactos son escalas distintas, obviamente, pero cada un de nós temos a nosa responsabilidade, e sinceramente algunhas das posturas que se adoitan escoitar en temas como estes, similares á túa, non me parecen outra cousa que egoístas e irresponsables. E é mais: falar das naves, depuradora e demais é en parte manipular, xa que estamos falando de lugares distintos... todo iso está preto, pero non alí. Non se modificou o trazado na zona das naves, modificouse nuns lugares moi concretos, moi pequenos e singulares, e que forman parte da Rede Natura e dun Parque Natural, é dicir: lugares concretos que toda a sociedade chegou ao consenso de que hai que protexer por enriba de todo. E neste senso, os organizadores de probas, todos, deben saber que se van pasar por espazos naturais protexidos están obrigados legalmente a solicitar autorización, para evitar estes sustos de última hora. E case nunca se fai, tamén hai que dicilo (e mais sangrante no caso de organizacións profesionais...) En todo caso podes estar seguro de que nas zonas "prohibidas" nin hai, nin haberá, naves, fábricas, nin depuradoras. Así que esa excusa non vale. E se algún día ves quads, o teu deber como cidadán é chamar ao Seprona e denuncialos, igual que fan os que ti tachas de hipócritas. Un saúdo e parabéns aos participantes, que son os que menos culpa teñen de todo, e que ao fin e ao cabo seguro que o pasáchedes igual de ben, que as cousas son moito mais sinxelas do que ás veces as queremos facer |
Xalma escribió: |
Permíteme, con toda a "cortesía" da que dispoño, respostar a este comentario.....e a algún mais, dos que tes feito ao respecto : PUT.. HIPOCRESIA¡¡¡ Basta xa de tanta palabrería opaca e traslúcida. Que carall...estades a falar de coidados da natureza, de coidado das plantiñas pequeñas e demais chorrad...s ...en contra nosa ( do MAIS GRANDES coidadores da naturaleza ) En Couso pasaríamos a una porrada de metros de distancia de donde se atopan as "plantiñas Pequenas" como ti as chamas, e aindaasí estades a facer fume....jod..r Basta xa ... |
Percheron escribió: | ||
Vale, na pregunta que facía, ti posicionaste claramente a favor do teu interese persoal en contra do interese xeral. Perfecto, estás no teu dereito. Solo te vou dicir unha cousa: no de "os mais grandes coidadores da natureza" vas ter que poñerte á cola detrás de cazadores, pescadores, terratenentes, etc etc. Xa que empregas o mesmo argumento que eses mesmos colectivos, que sepas que o teñen pedido antes... O Trail sacouse de Rede Natura tal e como explicou o organizador uns mensaxes mais arriba (actuando exemplarmente), eliminouse o posible impacto e punto, todos tan contentos, ou non o pasaches igual de ben?. Iso é o que se chama "compatibilizar". Tanto te costa entendelo? Eu penso que é iso, non entendiches nada. Pois daquela o que ten un problema es ti, por moito que te mole defenderte (non sei de qué, excusatio non petita...) insultando e disparando a diestro e siniestro. Un hipócrita saúdo. |