Mar, 03 Mar 2015, 16:41
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego
Jejej, é o de sempre. Hai moitos outros iniciados que por non pasar de X km ou de X desnivel positivo, tampouco van vir, case seguro. É dificil satisfacer a todo o mundo.
Se comparamos, por exemplo, con Esgos (que tamén lle constou anos ter unha participación destacable), en esforzo, por aí andará a cousa. Este trail de Compostela é máis longo, pero menos esixente en perfil que Esgos. Máis exemplos, por poñer: é menos duro que o trazado do ano pasado de A Laracha; e menos duro que o de San Alberte do ano pasado.
Logo, o percorrido é moi variado: pistas forestais, carreiros, brañas, subidas e baixadas monte a través, algún cortalumes pedregoso que nalgún momento lembrará a Esgos, algo de asfalto en zonas de transición, varios pasos cruzando por regatos, baixadas limpas para darlle caña, etc.
Neste trail a dureza, como en todos pero se cabe máis, dependerá do ritmo que se lle queira meter ao haber zonas moi "corribles" (iso sí con cambios de terreo a xeito de emboscada, jejej). A miña impresión persoal é que se te pasa de ritmo ao inicio e petas nos primeiros 10-12K, logo o vas pasar mal, aínda rematando en perfil favorable (a volta cara a Granxa do Xesto).
E por se quedasen dúbidas, a organización deste trail É COMPLETAMENTE NOVA, sen vinculación algunha con trails feitos nesta cidade tempos atrás.
Facémolo para celebrar o noso 15 aniversario como club en Santiago de Compostela, e o queremos compartir con todos vós.
A nosa sección de atletismo tivo o noso berce case que dentro de Correr en Galicia (de aí que incluamos o seu logo, por toda a axuda e difusión que nos ten axudado a facer), e creo que era hora tamén de que ofrecésemos algo máis que un club para federar a xente, compartir adestramentos, etc. De aí a razón de ser deste trail. Pola dinamización dalgúns dos nosos compañeiros de equipo e co motivo do aniversario, pois nada mellor que ofrecer a oportunidade de participar nunha carreira na nosa cidade, no noso monte... Logo veunos o ofrecemento de dar cabida ao Campionato de Galicia, precisamente porque confían en nós. E aquí estamos encantados de acoller este reto.
Esperámosvos o domingo día 15