Lun, 09 Mar 2015, 8:53
Asunto: Re: Padrón-10K - XIII Carreira P. Concello de Padrón (07/03/15)
Bo día a todos.
Teño 52 anos e levo pouco máis de un ano correndo. Esta era a miña segunda carrerira. Quería baixar da hora e conseguino por pouco (59:42).
Para min o peor de todo foi o avituallamento, un desastre. Non sei se o sabedes, pero os que íamos detrás da lebre sub-54 non podemos beber auga porque xa se agotara. A cambio déronnos un powerade requente que non se tragaba. Houbo compañeiros e compañeiras que recollían as botellas de auga que había polo chan para poder refrescarse. Afrontar a última volta nestas condicións non foi nada doado.
Non entendo cómo non foron quen de prever as necesidades de avituallamento.
Por certo, ao chegar á meta, máis do mesmo, sólo powerade quente.
Polo que eu valoro a organización cun cero patatero.
Para os que facemos os 10 k en máis de 50 minutos, hidratarse ben é fundamental.
Espero que este problema non volva a repetirse, sería de agradecer que se algún de vos coñece a xente da organización lle faga chegar a miña máis enérxica protesta.
Grazas a todos e perdón polo rollo.
"EU MÓVOME POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE".