Dom, 08 Mar 2015, 0:00
Asunto: Re: I Trail en Compostela (15 marzo) Campionato galego
Sobre este tema podedes falar, se queredes máis en profundidade no fío aberto sobre o campionato na sección federada.
Está claro que a nivel federativo está a haber movementos. Pero xa anticipo que creo que conflitos interfederacións non hai, xa que o montañismo é o montañismo, e correr e correr. Que agora a FGA quere recuperar esta modalidade? Pois pregúntenlle a eles. Como sabedes o campionato de España pola RFEA será nos Picos de Europa. Y no te lo pierdas, también lo quiren ser de Europa (efectivamente IAAF).
Sacar cartos?? Como tesoireiro do club orgaizador xa che digo que no los quitan só a nós (por decir quitar en lugar de canon ou o que queiras), pero aos federados, 0€.
E o Trail Popular xa o iamos facer, aínda sendo club de atletismo, por facer un evento bonito na natureza, na nosa casa, para a nosa celebración, e que eu sepa temos a liberdade de escoller como facelo. A próxima cousa quizáis sexa de BTT, xa que temos sección no club. Espero non ter que pedirlle permiso á Federación de Montaña, ou que veña alguén indignado por que os de cliclismo tamén se queren meter ao monte. Ah?, que xa o están facendo, jejeje.
Bueno. realmente é un tema apasionante, con puntos de vista e argumentos razonables dun ou doutro lado, pero sen ter toda a información poden xerarse malentendidos.
Como digo o Noitebra, digamos que ía ao seu e a FGA quixo sumarse co campionato nesta nova disciplina. Pero ollo, que non somos os únicos que xa o fixeron dende a FGA. Ou on lembrades ao club Esfolarrós facendo en Brión a tempada pasada un trail dentro do calendario da FGA? Dios, e mira tí, era un equipo que nin de atletismo era... Xa vedes as voltas que da todo esto.
O que debemos e estar de noraboa por ter tanta oferta de eventos, porque hai 10 anos nin se sabía disto...
Bueno, vémonos o domingo